[Volvemos da fin de semana coas pilas cargadas con gañas de traballar no proxecto. A casa case está rematada e nótase certo nerviosismo nos alumn@s. Imos a asamblea…].
Mestra: ¿Buscástedes algunha información sobre como facer o tellado das casas?
Alumn@s: Non atopamos nada.
Mestra: Eu conseguín na biblioteca pública do concello este libro:
Monlaü, Simone y Moreau, Pierre. Dime como se hace… (Montar un tejado – Pág. 139). Editorial Argos. 1984.
[A mestra mostra o libro a tódolos alumn@s centrándose sobre todo na páxina na que fala de como se monta o tellado dunha casa de verdade. Os nen@s e nenas mostran moito interese].
Lois: A miña casa ten o tellado en forma de pico.
Candela: A miña ten moitos picos.
Xulio: Pois a miña ten so un tellado e é inclinado.
Mestra: O tellado da miña casa é plano. ¿Como é o tellado da nosa escola?
[Os alumn@s non teñen moi claro como é o tellado da escola].
David: ¿Por que non saimos a ver como é?
Mestra: Na hora do recreo e dende o patio imos a fixarnos ben en como é o tellado desta escola.
Alumn@s: Sí, sí…
[Despois do recreo…].
Xulieta: O tellado da escola ten picos.
Roberto: Tamén ten zonas na que é plano.
Ana: O tellado desta escola ten moitas formas, o da nosa casa tamén podería ser así.
Mestra: Sí, pero ¿con que material o podemos facer?
Xulio: O cartón ondulado co que se fan as caixas pode quedar ben.
Mestra: Pois sí, ademáis creo que aquí na escola temos unhas cartulinas de cores que teñen esa forma ondulada.
Ana: Fagamos o tellado da nosa casa con esa cartulina.
Lois: Pero que sexa vermello se pode ser.
Mestra: Vou a mirar no armario se teño cartulina ondulada desa cor. Pois sí, xa podemos traballar no tellado.
Xosé: Enriba de cada unha das habitación haberá que construir un tellado.
Lorena: A nosa habitación que é o dormitorio grande terá o tellado con forma de pico.
Tomás: O tellado da nosa habitación terá forma de pico.
Mario: No pasillo faremos o tellado con forma plana.
Xulio: No cuarto de baño o tellado tamén será plano.
[A mestra elabora unha plantilla para que os alumn@s constrúan os tellados en forma de pico. Eles terán que debuxar a silueta sobre a cartulina ondulada e pegar as solapas que correspondan. Para o pasillo e o cuarto de baño terán que facer a silueta do tamaño das caixas. Neste traballo é indispensable a axuda da mestra].
Mario: ¿Sobre que imos a pegar estos tellados?
Lorena: Podemos utilizar as tapas das caixas das habitacións pegándoas como fixemos coas demáis caixas.
Xosé: Pegamos os tellados sobre as tapas das caixas e… ¡xa rematamos o tellado!
Tomás: ¡Falta a cheminea!
Mestra: É verdade.
Lois: É como facer unha caixiña pero alta.
[Alumn@s recortan a cartulina ondulada vermella].
Mestra: Agora sí podemos facer a foto da casa xa rematada.
Alumn@s: Por fin, ¡a casa xa está feita!
martes, 2 de septiembre de 2008
9ª SESIÓN - 1 MAIO 2008
TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL
- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
- Recoñecer, identificar, representar e construir unha casa na súa globalidade e as súas diferentes partes.
- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
- Recoñecer, identificar, representar e construir unha casa na súa globalidade e as súas diferentes partes.
9ª SESIÓN - 1 MAIO 2008

Xaquín e Xosé: Pero agora temos que colocar estos mobles na nosa casa tal e como os distribuimos nos planos.
Mestra: Pois claro. Collede os planos e fixádevos ben en como están colocados os elementos.
Lucía: Cada grupo colocará os mobles que se fixeron na súa habitación correspondente.
[De dous en dous colocan os mobles feitos no lugar que consideran oportuno seguindo as indicacións do plano elaborado anteriormente].
Candela: ¡A casa é moi fermosa!
Roberto: Mestra, ¡sácalle unha foto para que a vexa todo o mundo!
Mestra: Como as fotos dos mobles podemos enviar esta tamén o noso blog. Quedou realmente fermosa a casa, pero ¿dende dentro das casas pódese ver o ceo?
Xaquín: Sí, pero dende as fiestras.
Xosé: Non, non… dende dentro das casas non se ve o ceo porque enriba teñen o tellado.
Mestra: Entón o que faltaría para rematar esta casa sería…
David: ¡O tellado…! Pero parece moi difícil.
Mestra: Na fin de semana podedes buscar información sobre como facer os tellados das casas.
9ª SESIÓN - 1 MAIO 2008





[A casa parece que xa vai cobrando vida. Acudimos á asamblea… Os nen@s móstranse impacientes por rematar os mobles que lles faltan, xa que queren ver a súa casa rematada].
Mestra: Temos que continuar coa elaboración dos mobles que xa comezou o luns pasado.
Candela: Eu xa sei como quero facer as escaleiras do meu pasillo.
Xulio: Eu xa teño pensado como facer a bañeira, quero que sexa unha bañeira de hidromasaxe.
[Nesta sesión os alumn@s elaboran tódolos mobles da casa, en grupos de dous facendose cargo cada un da habitación que se tocase no sorteo. Os alumn@s amósanse moi orgullosos das súas creacións].
Xulieta: Mestra, ¿por que non lles sacas fotos os nosos mobles e logo as enviamos o blog?
Mestra: É unha moi boa idea, esperade que collo a nosa cámara dixital.
NA BARRA DA DEREITA DO BLOG HAI UNHA PRESENTACIÓN CON TODOS OS MOBLES DA CASA. AQUÍ SO POÑEMOS UN EXEMPLO.
8ª SESIÓN - LUNS 28 ABRIL 2008
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
- Explorar e manipular algúns dos obxectos e elementos do contorno da casa en relación co medio físico no que se atopa, recoñecer os seus atributos e calidades e saber convivir en interacción cos iguais.
TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL
- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.
- Explorar e manipular algúns dos obxectos e elementos do contorno da casa en relación co medio físico no que se atopa, recoñecer os seus atributos e calidades e saber convivir en interacción cos iguais.
TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL
- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.
8ª SESIÓN - LUNS 28 ABRIL 2008


Alumn@s: Sí, está moi ben. ¡Cantas cousas! Buf. Na habitación hai…, no baño hai…
Mestra: Se queredes podedes ir coller a pezas e comezaremos a construir os mobles da nosa casa. Antía, ¿sabes a dirección desa páxina web da que falabas?
Antía: Creo que sí.
[Antía axuda a mestra a atopar a páxina web de lego].
Mestra: Mentras xogades coas pezas se queredes porque igual é máis sinxelo, podedes vir a ollar este xogo.
Páxina web do xogo: http://creative.lego.com/en-us/games/deafult.aspx
[Todos os alumn@s están interesados en ver o xogo, e será de gran utilidade. Pasarán cada grupo de dous a realizalas súas construccións].
Lois: Mestra, ¿facemos só os mobles na nosa habitación?
Mestra: Sí, sería o máis axeitado, cada grupo traballará coa súa habitación. Os que teñan a cociña farán os mobles da cociña, os que teñan o baño os mobles do baño…
[Despois de varios intentos ensaiando co xogo e coas propias pezas van construindo os mobles].
8ª SESIÓN - LUNS 28 ABRIL 2008

Mestra: Antía, ¿recordas que dixeches que traballabas coas pezas de lego para facer casas?
Antía: Sí, pero tamén fago animais, persoas, e incluso mobles para a casa. Xogo moito na páxina web de lego e constrúo moitas cousas.
Xulio: ¡Que gran idea! Podemos facer os mobles da nosa casa coas pezas de lego que xa temos na aula.
Antía: Mestra trouxen este libro: LA CASA. Nel podemos ver moitísimas cousas que hai nas casas e descubrir moitas outras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)