martes, 2 de septiembre de 2008

13. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

BIBLIOGRAFÍA DA CASA PARA O PROFESORADO

Leiro Lois, Adela e Daporta Padín, Mon. A casa. Enciclopedia temática ilustrada. A Nosa Terra. 2002.

Enciclopedia de albañilería. Materiales e interpretación de planos. Ediciones Ceac. 2003.

Moia, J. L. Cómo se construye una vivienda. GG. 1997.

Corral, José. Cobijo. Tursen. 1993.

Colexio de arquitectos de Galicia. Proxecto Terra: Un país, a súa arquitectura e o seu territorio. CD, DVD e libretos. 2004.

Los mundos antiguos (Los sumerios: la ciudad de Ur, los egipcios: la casa egipcia…). Editorial Combel. 2007.


PÁXINAS WEB PARA O PROFESORADO

Proxectos de traballo en educación infantil:

http://www.concejoeducativo.org/article.php?id_article=85

http://www.educarioja.org/educarioja/html/docs/premios_innovacion/2003/2%20premio%2002-03%20los%20castillos.pdf

http://enebro.pntic.mec.es/~psalaver/proyecto1.htm

http://www.elbibio.com/proyectos_trabajo.asp?categoria=1&pag=2

http://www.escuelaeltomillar.com/pproyectos.htm

http://www.educarm.es/templates/portal/images/ficheros/revistaEducarm/7/6proyectoinfantil.pdf

Deseño de casas e mobiliario en autocad e 3D:

http://www.galiciacad.com/info/info.php3?idbcad=1292

Páxinas web de xogos nos que se fan casas:

http://www.animal-crossing.com/

http://www.myminilife.com/

http://www.losninosensucasa.org/activity.php?id=205

http://es.wikipedia.org/wiki/Sims


BIBLIOGRAFÍA SOBRE A CASA PARA O ALUMNADO

Davis, Caronline. ¿Quién construye tu casa?. Macmillan. Madrid. 2008.

El mundo de los juguetes Lego. Everest. 1980.

Busquets, Carmen. Mira por la ventana… la casa. Susaeta. Madrid. 2006.

Batesan, Maggie y Lelie, Herman. La casa de muñecas. Ediciones B, grupo Zeta. 1993.

Smith, Alastair - Russell, Ruth y Salgado, Adrienne. La casa y el hogar. Ayer y hoy. Flip Flap Usborne. Londres. 2000.

As catro estacións… a casa. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela. 2002.

Bélineau, Nathalie y Beaumont, Émilie. Mi diccionario por imágenes. La casa. Panini España. 2003.

Aladjidi, Virginie y Pellisier, Caroline. Las casitas Larousse. Mi casa. Larousse. 2007.

Carroggio, Fernando. Enciclopedia infantil. El mundo y los hombres (Geografía de la casa. Los elementos de la misma). Págs. 118 – 133. Biblioteca cultural Carroggio. 1985.

Monlaü, Simone y Moreau, Pierre. Dime como se hace… (Levantar un muro – Pág. 136 y Montar un tejado – Pág. 139). Editorial Argos. 1984.

Wolde, Gunilla. Totó construye su casa. Alfaguara.

A grande travesía. O traballo e a creación artística (Eles fan as nosas casas). Altea. 1979.

El mundo de los niños. Cómo se hacen las cosas (El esqueleto de las casas – Pág. 76, Cómo se derriba una casa – Pág. 80). Salvat. 1973.


BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA PARA O ALUMNADO

J. e W. Grimm e Auladell, Pablo. A casiña de chocolate. Kalandraka. 2008.

Carreiro, Pepe. Os habitantes dos castros. A nosa historia. A Nosa Terra. 1994.

Marín, Manuel. Gran mundo infantil. Tomo I (La casa de las niñas – Pág. 46). Marín. 1982.

Rodriguez, M. C y Busquets, Carmen. La familia oso. La casa nueva. Hemma.

Revista: Muy interesante Junior. Nº 30. Una casa en el árbol. Págs. 48 – 53.


PÁXINAS WEB PARA O ALUMNADO

A CASA EN IMAXES por Abraham Domínguez Cuña. Galería de imaxes sobre a casa. Interesantes fotografías sobre as distintas dependencias: cociña, baño, salón…
http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2004/c/casa/WEB/index.html

XOGO DE LIBRE CREACIÓN CON PEZAS DE LEGO
www.lego.com
http://creative.lego.com/en-us/games/deafult.aspx

XOGO DE ACONDICIONAMENTO DAS DISTINTAS PARTES DUNHA CASA de LEGO
http://belville.lego.com/en-US/games/DollHouse.aspx

12. AVALIACIÓN


A avaliación constitúe un elemento e un proceso fundamental na práctica educativa, e permite, en cada momento, recoller a información e realizar os xuizos de valor precisos para a orientación e para a toma de decisións sobre o proceso de ensino – aprendizaxe levados a cabo no proxecto, facemos un acuario.

A finalidade da avaliación é, sobre todo, orientar os nosos alumn@s e ó mestre/a en determinados aspectos do proceso educativo, tales como a metodoloxía, os recursos, adaptacións curriculares, detección de nee…

A avaliación non implica únicamente o alumn@, senón tamén a pluralidade de axentes que interveñen en toda a acción educativa.

A avaliación do proxecto facemos un acuario ten por obxecto valorar as capacidades do alumnado. Estas capacidades, pola súa natureza, non son directamente avaliables, pero sí o son de forma indirecta. O mestre/a debe concretar que aprendizaxes ou conductas espera observar nos seus alumn@s como manifestacións concretas do desenvolvemento das capacidades.

A avaliación que se vai a seguir pasa por ser inicial, formativa e final. No inicio diagnostica o punto de partida, logo vai a analizando progresos, estancamentos e retrocesos do alumnado así como a eficacia do proceso deseñado e seguido e das nosas actuacións coa finalidade de axustar a intervención educativa na aula e de reconducilo proxecto. Falamos dunha avaliación que proporcione en cada momento a información precisa, que permita o seguimento eficaz do proxecto e indique os erros, dificultades acertos…

Explicitamos as características dos tres momentos da avaliación:

Avaliación inicial: A súa finalidade sería a de facelos conscientes tanto o profesorado como o alumnado, do punto de partida, permitindo adaptalo proceso, que se vai iniciar, ás necesidades que neste proxecto xiran entorno a facer unha casa. Esta avaliación verase proxectada no momento en que se incide en aquel coñecemento que teñen adquirido (experiencias persoais) que logo levará a búsqueda de aquelo que queren coñecer.

Avaliación formativa: A súa función é a de proporcionar datos que permitan tomar decisións de modificar aspectos, ampliar actividades ou sesións, secuenciar estadios, cambiar espazos – tempos… durante o proceso, para facelo máis adecuado ás capacidades a desenvolver e o ritmo do alumn@. A súa finalidade é a de orientar, regular, autocorrexilo proceso… Posto que esta avaliación é complicada de prever na simulación que se está a facer do proxecto, teríase en conta na posta en práctica do mesmo.

Avaliación final: A súa finalidade é a de explicitar e recoller tódolos aspectos sinalados de xeito integrado e contextualizado. Comprobaremos que aprendemos, comparando o que xa sabían cando comezou o proxecto co que queriamos saber.

Imos a empregar distintas técnicas e instrumentos: axenda escolar, actividades puntais… adecuados os criterios a avaliar en cada unha das achegas as competencias e favorecedores da intervención do alumn@ nas tarefas avaliativas. A autoavaliación, avaliación mutua e coavaliación van a ser tamén posibles no proxecto facemos unha casa facendo fincapé na aprendizaxe autónoma a desenvolver polo alumnado e que se fai explícita nunha das competencias (autonomía e iniciativa persoal).

O alumnado tamén debe de coñecer e valoralo seu propio proceso en relación consigo mesmo e co grupo – aula. Incitarase por parte do mestre/a a autoavaliación dos alumn@s mediante preguntas do tipo: ¿que aprendeu?, ¿como traballou?... Para compara procesos de aprendizaxe faranse postas en común, asambleas de como está a sair o proxecto.

11. TEMPORALIZACIÓN


O proxecto facemos unha casa da comezo no terceiro trimestre escolar, durante os meses abril e maio.

No terceiro trimestre será onde desenvolvamos aquelas actividades que nos levarán a facer a casa. Adicaremos dous días da semana a realización de todas as tarefas, o luns e o xoves.

Cada unha das actividades aparece temporalizada de maneira cronolóxica na simulación do proxecto.

10. RECURSOS A TER EN CONTA NO PROXECTO

Recursos humanos: No apartado adicado a contextualización facemos referencia os recursos humanos do centro entre os que destacamos: alumnado, equipo directivo, claustro de profesores/as, consello escolar, equipos de ciclo, comisión de coordinación pedagóxica, equipo de normalización lingüística, equipo de actividades complementarias e extraescolares, tutores, persoal non docente, persoal do concello, departamento de orientación, familias dos alumn@s e ANPA e monitores de actividades extraescolares.

Recursos materiais: No apartado adicado a contextualización facemos referencia as instalacións das que se compón o centro, que son entre outras: aulas co seu correspondente material funxible e específico, aulas específicas de música, psicomotricidade…, biblioteca…
Na nosa aula de EI contamos con material funxible: folios, ceras, lápices, gomas, plastilina, tesoiras, cartolinas, pintura de dedos, pezas de construcción Lego… e material específico: que se atopa distribuido na aula nos distintos recantos (o da casa, o da asamblea, ordenador + proxector + encerado dixital, biblioteca…).

Recursos económicos: Contamos con recursos que aporta anualmente a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, subvención que aporta o concello… Unha parte das aportacións recibidas destos medios estará destinada o noso equipo de ciclo e polo tanto poderemos dispoñer dun porcentaxe determinado para a nosa aula. Preveeremos os gastos que vai a ocasionar o acuario (cristal, plantas, silicona…) para botar man dos recursos económicos.

9. SÍNTESIS DO PROXECTO



¿QUE APRENDEMOS?

O longo do proxecto facemos unha casa surxiu información que o alumnado tería que interiorizar como novos coñecementos para a súa experiencia persoal.

De forma cronolóxica e a través de cada unha das sesións os conceptos a aprender foron:

- O coñecemento das primeiras casas nas que habitou o home: castros.
- Os oficios daquelas persoas que traballan nas construccións das casas: albaneis, carpinteiros, fontaneiros, electricistas…
- As partes nas que se divide unha casa: cociña, cuarto de baño, entrada, pasillo, dormitorio grande, dormitorio pequeno, salón…
- Os planos que se debuxan antes de construir unha casa feitos polos arquitectos e deseñados polos deseñadores de interiores: vista dende arriba (planta), dende diante (alzado) e dende o lado (perfil).
- Os mobles que compoñen cada un dos habitáculos dunha casa: sofá, cama, lavabo…
- Que primeiro hai que facelas paredes antes que o tellado, os mobles…
- Onde hai que colocar as fiestras e as portas nunha casa.
- Como se pinta unha casa.
- Que hai moitos tipos de tellados: pico (dos aguas), inclinado (un agua) e plano.

CATEGORIZAMOS

Con respecto o proxecto facemos unha casa e coñecendo o que o alumnado quere saber, estableceremos unha clasificación coas prioridades axeitadas de aquelo que debemos investigar de forma gradual para chegar a facer a casa.

- Antes de coñecer as actuais casas na que vivimos debemos coñecer tamén aquelas que existiron. Farase unha comparativa de aquelas coas actuais.

Casas nas que habitou o home: casas prehistóricas (castros), casas do antiguo Exipto, casas dos romanos, as casas dos vikingos, os castelos…

- Para convertirnos en constructores dunha casa debemos saber cales son os oficios cos que teremos que traballar.

Oficios dos traballadores das casas: (estes oficios tamén están suxeitos a unha determinada categorización, xa que antes de amoblala casa o arquitecto terá que deseñala a través dos planos…). Arquitecto, albanel, fontaneiro, electricista, carpinteiro, pintor…

- Logo de saber cales son os oficios, o arquitecto será o primeiro que terá que poñerse mans a obra.

¡¡!! Planos da casa: Estes planos son debuxos da casa vista dende arriba (planta), dende diante (alzado) e dende o lado (perfil). Como a casa vai a ter dúas plantas haberá que comezar deseñando a primeira planta, logo a segunda e por último o tellado.

- Despois de facer os planos haberá que levantar os muros da casa, para eso utilizan as caixas de zapatos.

¡¡!! Muros da casa coas caixas de zapatos: Cada caixa de zapatos é unha habitación.

- Buscar un sitio onde colocacala casa. PRESCINDIBLE xa que pode colocarse en calquer outro sitio, pero sí teñen que buscarlle o contorno adecuado.

- Decorar o cristal que está detrás da casa. PRESCINDIBLE xa que o que queremos é construir unha casa e non decoralo contorno.

- Despois de levantar os muros da casa o traballo seguinte estaría nas mans dos fontaneiros e electricistas, pero o alumnado decide prescindir da súa labor porque non é unha casa de verdade. PRESCÍNDESE.

- Hai que pintar as paredes, traballaremos como pintores.

Pintar as paredes de cores: A cada habitación se lle asigna unha cor que a caracteriza.

- Despois de pintar se farán os mobles.

Mobles con pezas de Lego: En cada habitáculo colocaranse os mobles que corresponden. Na cociña a nevera, mesa e sillas, fregadeiro…, no salón os sofás, a televisión…, no cuarto de baño a bañeira, o lavabo, o WC…, no dormitorio a cama, as mesillas, o armario…

- Por último…

¡¡!! O tellado: É unha das partes da casa da que non se pode prescindir porque senón non estaría resgardada.

¡¡!!: Este símbolo significa que sobre o resto de categorías as que a levan son as que prevalecen sobre as demáis.


GUIÓN – QUE, COMO, CANDO, ONDE, CON QUE, PARA QUE, CON QUEN…

1.- Motivación
2.- ¿Que sabemos…?
3.- ¿Que queremos saber…?
4.- ¿Que categorías…?
5.- ¿Onde buscamos…?
6.- ¿Que facemos coa información…?
7.- ¿Cando o facemos…?
8.- ¿Que aprendemos…?
9.- ¿Como nos organizamos…?
10.- ¿Que conseguimos facer…?

¿COMO NOS ORGANIZAMOS?

Na simulación que se fixo deste proxecto nun dos apartados xa aparece especificada a organización para realizar cada unha das tarefas.

Moita da información chega das propias familias do alumnado que aportan materiais impresos pero tamén fan achegas o blog que se creou con motivo do proxecto.

A maioría das actividades surxen no momento da asamblea e por parte de tódolos alumn@s.

Para levar a cabo a materialización desas actividades organízanse en gran grupo aportando ideas xerais (toda a clase), pequeno grupo (mesas de aula) e grupos de dous alumn@s para as tarefas artísticas máis concretas.

A propia aula estará organizada en pequenos recantos de traballo no que compre destacar: asamblea, ordenador + pizarra dixital, biblioteca, rutinas diarias e o recanto do proxecto: Facemos unha casa.

O longo de todo o proxecto o como organizarse parte das aportacións do propio alumnado, a mestra aprobará as achegas se considera que son as máis axeitadas.

¿QUE OUTRAS COUSAS PODERIAMOS FACER?

Os alumn@s mostran especial interese por decorar o contorno da casa: gustaríalles facer un pequeno xardín con arbores e flores, ambientar o ceo con paxaros e nubes, facerlle unha piscina…

Ademáis nos habitáculos decátanse de que poderían decoralos con cadros, felpudos, moquetas, azulexos, tarimas…

A casa non ten luz propia, e cren que sería algo no que se podería traballar máis adiante.

COMO MELLORAR

No proxecto: Facemos unha casa, non contamos coa visita de ningún especialista na materia da construcción das casas. Sería algo que de seguro axudaría moito os nen@s a interiorizar o proceso.

As saídas o exterior tamén foron unha carencia, xa que compre de planificación estricta. O contacto coa realidade inmediata é indispensable para interiorizar de mellor forma ó aprendido.

10ª SESIÓN - LUNS 5 DE MAIO

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

- Utilizar libros valorándoos como recurso informativo, para interiorizar e comunicar conceptos con respecto a ampliación do seu coñecemento acerca da construcción da casa.

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

- Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propias das diferentes linguaxes artísticas e culturais.

10ª SESIÓN - LUNS 5 DE MAIO