martes, 2 de septiembre de 2008

6ª SESIÓN - LUNS 21 ABRIL 2008

Mestra: ¿Quedou claro que significan cada un dos debuxos que aparecen nos planos?

Alumn@s: Sí, e tamén en que parte da casa están cada un. Imos a revisar as revistas que temos na aula e ver distintas opcións de amoblar unha casa.

Lois: Podemos recortar imaxes de cada unha das habitacións das revistas e facer montonciños con elas, para decidir cales son as que máis nos gustan.

Mestra: Pois sí. Imos aló.

[Recortan imaxes de habitacións de distintas revistas e clasifícanas en cociña, baño, habitación grande, pequena, salón…].

Mestra: ¿Parécevos se pegamos nos planos os debuxos dos mobles para ver como se van a colocar na casa?

Alumn@s: Sí.

[Imprímense as imaxes que están colocadas no blog].

Mestra: Tedes que decidir que tipo de habitación vai a ir en cada unha das vosas caixas.

Xulio: ¿Facémolo a sorteo?

Mestra: De acordo, colocamos nunha bolsiña papeis cos nomes das oito habitacións que compoñerán a casa.

Xaquín e Xosé: A cociña, o salón, o baño, a habitación grande, a habitación pequena, a entrada, e as dúas caixas onde irán colocadas as escaleiras.

[Cada grupo de dous collerá un papel da bolsiña e así saberán a habitación que lles corresponde facer].

O grupo da cor vermella: Salón.
O grupo da cor branca: Escaleiras.
O grupo da cor violeta: O baño.
O grupo da cor branca: Escaleiras.
O grupo da cor verde clara: Entrada.
O grupo da cor azul ceo: Cociña.
O grupo da cor verde oscura: Habitación grande.
O grupo da cor amarela: Habitación pequena.

Xaquín e Xosé: Imos a repartir os debuxos para o plano que van a ir en cada habitación.

[Cada grupo faise coas súas imaxes as recorta e as coloca no lugar que consideren oportuno].

Mestra: Agora teredes que colocar as fiestras e as portas da casa.

Xaquín e Xosé: ¿Podemos ser nos os que o fagamos?

Mestra: De acordo.

[Xaquín e Xosé colocan a porta principal da casa, as portas do interior, as fiestras de cada unha das habitacións].

Mestra: ¡Xa temos feitos os planos da casa!

Xulieta: ¿Mandamos unhas fotos dos nosos planos da casa o blog para que as vexan as nosas familias?

Mestra: Moi interesante. Así as verán as familias, os compañeir@s da escola, amig@s…

No hay comentarios: