martes, 2 de septiembre de 2008

9ª SESIÓN - 1 MAIO 2008






[A casa parece que xa vai cobrando vida. Acudimos á asamblea… Os nen@s móstranse impacientes por rematar os mobles que lles faltan, xa que queren ver a súa casa rematada].

Mestra: Temos que continuar coa elaboración dos mobles que xa comezou o luns pasado.

Candela: Eu xa sei como quero facer as escaleiras do meu pasillo.

Xulio: Eu xa teño pensado como facer a bañeira, quero que sexa unha bañeira de hidromasaxe.

[Nesta sesión os alumn@s elaboran tódolos mobles da casa, en grupos de dous facendose cargo cada un da habitación que se tocase no sorteo. Os alumn@s amósanse moi orgullosos das súas creacións].

Xulieta: Mestra, ¿por que non lles sacas fotos os nosos mobles e logo as enviamos o blog?

Mestra: É unha moi boa idea, esperade que collo a nosa cámara dixital.

NA BARRA DA DEREITA DO BLOG HAI UNHA PRESENTACIÓN CON TODOS OS MOBLES DA CASA. AQUÍ SO POÑEMOS UN EXEMPLO.

No hay comentarios: