martes, 2 de septiembre de 2008

12. AVALIACIÓN


A avaliación constitúe un elemento e un proceso fundamental na práctica educativa, e permite, en cada momento, recoller a información e realizar os xuizos de valor precisos para a orientación e para a toma de decisións sobre o proceso de ensino – aprendizaxe levados a cabo no proxecto, facemos un acuario.

A finalidade da avaliación é, sobre todo, orientar os nosos alumn@s e ó mestre/a en determinados aspectos do proceso educativo, tales como a metodoloxía, os recursos, adaptacións curriculares, detección de nee…

A avaliación non implica únicamente o alumn@, senón tamén a pluralidade de axentes que interveñen en toda a acción educativa.

A avaliación do proxecto facemos un acuario ten por obxecto valorar as capacidades do alumnado. Estas capacidades, pola súa natureza, non son directamente avaliables, pero sí o son de forma indirecta. O mestre/a debe concretar que aprendizaxes ou conductas espera observar nos seus alumn@s como manifestacións concretas do desenvolvemento das capacidades.

A avaliación que se vai a seguir pasa por ser inicial, formativa e final. No inicio diagnostica o punto de partida, logo vai a analizando progresos, estancamentos e retrocesos do alumnado así como a eficacia do proceso deseñado e seguido e das nosas actuacións coa finalidade de axustar a intervención educativa na aula e de reconducilo proxecto. Falamos dunha avaliación que proporcione en cada momento a información precisa, que permita o seguimento eficaz do proxecto e indique os erros, dificultades acertos…

Explicitamos as características dos tres momentos da avaliación:

Avaliación inicial: A súa finalidade sería a de facelos conscientes tanto o profesorado como o alumnado, do punto de partida, permitindo adaptalo proceso, que se vai iniciar, ás necesidades que neste proxecto xiran entorno a facer unha casa. Esta avaliación verase proxectada no momento en que se incide en aquel coñecemento que teñen adquirido (experiencias persoais) que logo levará a búsqueda de aquelo que queren coñecer.

Avaliación formativa: A súa función é a de proporcionar datos que permitan tomar decisións de modificar aspectos, ampliar actividades ou sesións, secuenciar estadios, cambiar espazos – tempos… durante o proceso, para facelo máis adecuado ás capacidades a desenvolver e o ritmo do alumn@. A súa finalidade é a de orientar, regular, autocorrexilo proceso… Posto que esta avaliación é complicada de prever na simulación que se está a facer do proxecto, teríase en conta na posta en práctica do mesmo.

Avaliación final: A súa finalidade é a de explicitar e recoller tódolos aspectos sinalados de xeito integrado e contextualizado. Comprobaremos que aprendemos, comparando o que xa sabían cando comezou o proxecto co que queriamos saber.

Imos a empregar distintas técnicas e instrumentos: axenda escolar, actividades puntais… adecuados os criterios a avaliar en cada unha das achegas as competencias e favorecedores da intervención do alumn@ nas tarefas avaliativas. A autoavaliación, avaliación mutua e coavaliación van a ser tamén posibles no proxecto facemos unha casa facendo fincapé na aprendizaxe autónoma a desenvolver polo alumnado e que se fai explícita nunha das competencias (autonomía e iniciativa persoal).

O alumnado tamén debe de coñecer e valoralo seu propio proceso en relación consigo mesmo e co grupo – aula. Incitarase por parte do mestre/a a autoavaliación dos alumn@s mediante preguntas do tipo: ¿que aprendeu?, ¿como traballou?... Para compara procesos de aprendizaxe faranse postas en común, asambleas de como está a sair o proxecto.

No hay comentarios: