martes, 2 de septiembre de 2008

10ª SESIÓN - LUNS 5 DE MAIO

[Volvemos da fin de semana coas pilas cargadas con gañas de traballar no proxecto. A casa case está rematada e nótase certo nerviosismo nos alumn@s. Imos a asamblea…].

Mestra: ¿Buscástedes algunha información sobre como facer o tellado das casas?

Alumn@s: Non atopamos nada.

Mestra: Eu conseguín na biblioteca pública do concello este libro:
Monlaü, Simone y Moreau, Pierre. Dime como se hace… (Montar un tejado – Pág. 139). Editorial Argos. 1984.

[A mestra mostra o libro a tódolos alumn@s centrándose sobre todo na páxina na que fala de como se monta o tellado dunha casa de verdade. Os nen@s e nenas mostran moito interese].

Lois: A miña casa ten o tellado en forma de pico.

Candela: A miña ten moitos picos.

Xulio: Pois a miña ten so un tellado e é inclinado.

Mestra: O tellado da miña casa é plano. ¿Como é o tellado da nosa escola?

[Os alumn@s non teñen moi claro como é o tellado da escola].

David: ¿Por que non saimos a ver como é?

Mestra: Na hora do recreo e dende o patio imos a fixarnos ben en como é o tellado desta escola.

Alumn@s: Sí, sí…

[Despois do recreo…].

Xulieta: O tellado da escola ten picos.

Roberto: Tamén ten zonas na que é plano.

Ana: O tellado desta escola ten moitas formas, o da nosa casa tamén podería ser así.

Mestra: Sí, pero ¿con que material o podemos facer?

Xulio: O cartón ondulado co que se fan as caixas pode quedar ben.

Mestra: Pois sí, ademáis creo que aquí na escola temos unhas cartulinas de cores que teñen esa forma ondulada.

Ana: Fagamos o tellado da nosa casa con esa cartulina.

Lois: Pero que sexa vermello se pode ser.

Mestra: Vou a mirar no armario se teño cartulina ondulada desa cor. Pois sí, xa podemos traballar no tellado.

Xosé: Enriba de cada unha das habitación haberá que construir un tellado.

Lorena: A nosa habitación que é o dormitorio grande terá o tellado con forma de pico.

Tomás: O tellado da nosa habitación terá forma de pico.

Mario: No pasillo faremos o tellado con forma plana.

Xulio: No cuarto de baño o tellado tamén será plano.

[A mestra elabora unha plantilla para que os alumn@s constrúan os tellados en forma de pico. Eles terán que debuxar a silueta sobre a cartulina ondulada e pegar as solapas que correspondan. Para o pasillo e o cuarto de baño terán que facer a silueta do tamaño das caixas. Neste traballo é indispensable a axuda da mestra].

Mario: ¿Sobre que imos a pegar estos tellados?

Lorena: Podemos utilizar as tapas das caixas das habitacións pegándoas como fixemos coas demáis caixas.

Xosé: Pegamos os tellados sobre as tapas das caixas e… ¡xa rematamos o tellado!

Tomás: ¡Falta a cheminea!

Mestra: É verdade.

Lois: É como facer unha caixiña pero alta.

[Alumn@s recortan a cartulina ondulada vermella].

Mestra: Agora sí podemos facer a foto da casa xa rematada.

Alumn@s: Por fin, ¡a casa xa está feita!

No hay comentarios: