martes, 2 de septiembre de 2008

9. SÍNTESIS DO PROXECTO



¿QUE APRENDEMOS?

O longo do proxecto facemos unha casa surxiu información que o alumnado tería que interiorizar como novos coñecementos para a súa experiencia persoal.

De forma cronolóxica e a través de cada unha das sesións os conceptos a aprender foron:

- O coñecemento das primeiras casas nas que habitou o home: castros.
- Os oficios daquelas persoas que traballan nas construccións das casas: albaneis, carpinteiros, fontaneiros, electricistas…
- As partes nas que se divide unha casa: cociña, cuarto de baño, entrada, pasillo, dormitorio grande, dormitorio pequeno, salón…
- Os planos que se debuxan antes de construir unha casa feitos polos arquitectos e deseñados polos deseñadores de interiores: vista dende arriba (planta), dende diante (alzado) e dende o lado (perfil).
- Os mobles que compoñen cada un dos habitáculos dunha casa: sofá, cama, lavabo…
- Que primeiro hai que facelas paredes antes que o tellado, os mobles…
- Onde hai que colocar as fiestras e as portas nunha casa.
- Como se pinta unha casa.
- Que hai moitos tipos de tellados: pico (dos aguas), inclinado (un agua) e plano.

CATEGORIZAMOS

Con respecto o proxecto facemos unha casa e coñecendo o que o alumnado quere saber, estableceremos unha clasificación coas prioridades axeitadas de aquelo que debemos investigar de forma gradual para chegar a facer a casa.

- Antes de coñecer as actuais casas na que vivimos debemos coñecer tamén aquelas que existiron. Farase unha comparativa de aquelas coas actuais.

Casas nas que habitou o home: casas prehistóricas (castros), casas do antiguo Exipto, casas dos romanos, as casas dos vikingos, os castelos…

- Para convertirnos en constructores dunha casa debemos saber cales son os oficios cos que teremos que traballar.

Oficios dos traballadores das casas: (estes oficios tamén están suxeitos a unha determinada categorización, xa que antes de amoblala casa o arquitecto terá que deseñala a través dos planos…). Arquitecto, albanel, fontaneiro, electricista, carpinteiro, pintor…

- Logo de saber cales son os oficios, o arquitecto será o primeiro que terá que poñerse mans a obra.

¡¡!! Planos da casa: Estes planos son debuxos da casa vista dende arriba (planta), dende diante (alzado) e dende o lado (perfil). Como a casa vai a ter dúas plantas haberá que comezar deseñando a primeira planta, logo a segunda e por último o tellado.

- Despois de facer os planos haberá que levantar os muros da casa, para eso utilizan as caixas de zapatos.

¡¡!! Muros da casa coas caixas de zapatos: Cada caixa de zapatos é unha habitación.

- Buscar un sitio onde colocacala casa. PRESCINDIBLE xa que pode colocarse en calquer outro sitio, pero sí teñen que buscarlle o contorno adecuado.

- Decorar o cristal que está detrás da casa. PRESCINDIBLE xa que o que queremos é construir unha casa e non decoralo contorno.

- Despois de levantar os muros da casa o traballo seguinte estaría nas mans dos fontaneiros e electricistas, pero o alumnado decide prescindir da súa labor porque non é unha casa de verdade. PRESCÍNDESE.

- Hai que pintar as paredes, traballaremos como pintores.

Pintar as paredes de cores: A cada habitación se lle asigna unha cor que a caracteriza.

- Despois de pintar se farán os mobles.

Mobles con pezas de Lego: En cada habitáculo colocaranse os mobles que corresponden. Na cociña a nevera, mesa e sillas, fregadeiro…, no salón os sofás, a televisión…, no cuarto de baño a bañeira, o lavabo, o WC…, no dormitorio a cama, as mesillas, o armario…

- Por último…

¡¡!! O tellado: É unha das partes da casa da que non se pode prescindir porque senón non estaría resgardada.

¡¡!!: Este símbolo significa que sobre o resto de categorías as que a levan son as que prevalecen sobre as demáis.


GUIÓN – QUE, COMO, CANDO, ONDE, CON QUE, PARA QUE, CON QUEN…

1.- Motivación
2.- ¿Que sabemos…?
3.- ¿Que queremos saber…?
4.- ¿Que categorías…?
5.- ¿Onde buscamos…?
6.- ¿Que facemos coa información…?
7.- ¿Cando o facemos…?
8.- ¿Que aprendemos…?
9.- ¿Como nos organizamos…?
10.- ¿Que conseguimos facer…?

¿COMO NOS ORGANIZAMOS?

Na simulación que se fixo deste proxecto nun dos apartados xa aparece especificada a organización para realizar cada unha das tarefas.

Moita da información chega das propias familias do alumnado que aportan materiais impresos pero tamén fan achegas o blog que se creou con motivo do proxecto.

A maioría das actividades surxen no momento da asamblea e por parte de tódolos alumn@s.

Para levar a cabo a materialización desas actividades organízanse en gran grupo aportando ideas xerais (toda a clase), pequeno grupo (mesas de aula) e grupos de dous alumn@s para as tarefas artísticas máis concretas.

A propia aula estará organizada en pequenos recantos de traballo no que compre destacar: asamblea, ordenador + pizarra dixital, biblioteca, rutinas diarias e o recanto do proxecto: Facemos unha casa.

O longo de todo o proxecto o como organizarse parte das aportacións do propio alumnado, a mestra aprobará as achegas se considera que son as máis axeitadas.

¿QUE OUTRAS COUSAS PODERIAMOS FACER?

Os alumn@s mostran especial interese por decorar o contorno da casa: gustaríalles facer un pequeno xardín con arbores e flores, ambientar o ceo con paxaros e nubes, facerlle unha piscina…

Ademáis nos habitáculos decátanse de que poderían decoralos con cadros, felpudos, moquetas, azulexos, tarimas…

A casa non ten luz propia, e cren que sería algo no que se podería traballar máis adiante.

COMO MELLORAR

No proxecto: Facemos unha casa, non contamos coa visita de ningún especialista na materia da construcción das casas. Sería algo que de seguro axudaría moito os nen@s a interiorizar o proceso.

As saídas o exterior tamén foron unha carencia, xa que compre de planificación estricta. O contacto coa realidade inmediata é indispensable para interiorizar de mellor forma ó aprendido.

No hay comentarios: