




Brais: O meu pai tamén fai debuxos non so da parte interior da casa senón de como vai a ser por fora.
Lois: Mestra agora que a temos casi feita podemos facer o debuxo de como vai ser por fora.
Mestra: Collede entón un folio en branco e debuxade como vos pensades que vai ser esa casa por fora.
[Os alumn@s debuxan casas moi grandes colocándolle xa as portas, as fiestras e o tellado].
Mestra: Recordade que a casa non só se debuxa por diante, senón tamén por detrás e polos lados.
[Debuxarán no mesmo folio pero pola parte de atrás a casa vista dende o lado e dende a parte de atrás].
Xulio: A nosa casa fáltanlle as fiestras, portas, mobles e tellado.
Mestra: ¿Cando se fai unha casa que se coloca primeiro, as fiestras e as ventás ou os mobles?
Xulieta: As fiestras e as portas.
David: Claro, porque os mobles se mercan máis tarde nas tendas.
Mestra: ¿Como queredes facer esas fiestras e portas?
Brais: Debuxámolas e pegámolas na nosa casa.
Mestra: ¿Estades de acordo?
Alumn@s: Sí, pero ¿quenes as van a debuxar?
Xaquín e Xosé: Nolos dous podemos debuxalas.
Alumn@s: Pois nos as pintamos e logo as imos pegando como xa está debuxado no plano.
[Os arquitectos debuxarán esas fiestras e portas e o resto dos alumn@s procederan a colorealas e pegalas na casa].
David: Agora que xa está case elaborada a estructura da casa poderiamos buscar un sitio para colocala.
Mestra: Paréceme boa idea, ata o luns podedes ir pensando en onde colocala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario