

[Como cada xoves traballaremos co proxecto: Facemos unha casa. O luns acabamos a sesión facendo os planos da primeira e segunda planta da casa. Reunímonos en asamblea…].
Mestra: ¿Cal é o seguinte paso que queredes dar?
Candela: Como xa temos os planos podemos continuar coa construcción da casa.
Manuel: Primeiro temos que pintar as paredes das caixas, que serán as paredes da casa.
Lidia: Xa temos elexidas a cores, entón pintaremos as paredes desa cor.
Xulio: Por fora terán que pintarse todas da mesma cor, e podería branca como a miña.
Mestra: ¿Estades todos de acordo?
Alumn@s: Sí.
[Os nen@s procederán a pintar cada dous as paredes das habitacións].
Erik: Cada grupo de dous poderiamos colocar as caixas enriba do plano que fixemos. Ademáis xa temos pintadas as habitacións desa cor entón so é poñer cada unha sobre ela.
Mestra: [Pregunta ós arquitectos] ¿Onde pensades que se debería levar a cabo a construcción de cada unha das plantas da casa?
Xaquín e Xosé: A construcción da primeira planta podemos facela na mesa nº 1 e a construcción da segunda planta na mesa nº 2.
[Os nen@s elaboran este proceso sen maior dificultade].
Mestra: Agora xa temos colocadas as habitacións cada unha no seu lugar correspondiente, pero se toco unha delas sepáranse das outras. ¿Ocurre esto nas vosas casas?
David: Non, non… iso non pode ser.
Roberto: Agora que xa as colocamos teremos que pegar unhas paredes as outras para que non se movan.
[Proceden o pegado das habitacións].
No hay comentarios:
Publicar un comentario