martes, 2 de septiembre de 2008

10. RECURSOS A TER EN CONTA NO PROXECTO

Recursos humanos: No apartado adicado a contextualización facemos referencia os recursos humanos do centro entre os que destacamos: alumnado, equipo directivo, claustro de profesores/as, consello escolar, equipos de ciclo, comisión de coordinación pedagóxica, equipo de normalización lingüística, equipo de actividades complementarias e extraescolares, tutores, persoal non docente, persoal do concello, departamento de orientación, familias dos alumn@s e ANPA e monitores de actividades extraescolares.

Recursos materiais: No apartado adicado a contextualización facemos referencia as instalacións das que se compón o centro, que son entre outras: aulas co seu correspondente material funxible e específico, aulas específicas de música, psicomotricidade…, biblioteca…
Na nosa aula de EI contamos con material funxible: folios, ceras, lápices, gomas, plastilina, tesoiras, cartolinas, pintura de dedos, pezas de construcción Lego… e material específico: que se atopa distribuido na aula nos distintos recantos (o da casa, o da asamblea, ordenador + proxector + encerado dixital, biblioteca…).

Recursos económicos: Contamos con recursos que aporta anualmente a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, subvención que aporta o concello… Unha parte das aportacións recibidas destos medios estará destinada o noso equipo de ciclo e polo tanto poderemos dispoñer dun porcentaxe determinado para a nosa aula. Preveeremos os gastos que vai a ocasionar o acuario (cristal, plantas, silicona…) para botar man dos recursos económicos.

No hay comentarios: