domingo, 31 de agosto de 2008

5ª SESIÓN - XOVES 17 ABRIL 2008

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

- Explorar algúns dos obxectos e elementos do contorno da casa, recoñecer os seus atributos e calidades.

5ª SESIÓN - XOVES 17 ABRIL 2008

Lois: Anda, pero se son habitacións nas que podemos colocar os mobles que aparecen no xogo.

Mestra: Intentade facelo en parellas e colocar os mobles da mellor maneira posible como se fose a vosa casa.

5ª SESIÓN - XOVES 17 ABRIL 2008


[Os nen@ seguen moi ilusionados co proxecto da casa, polo tanto moitos deles trouxeron a aula revistas de interiorismo. Reunidos na asamblea…].

Brais: Falei co meu pai e mandou o blog os debuxos dos obxectos que aparecen nos planos.

Lois: ¿Os mobles da casa?

Brais: Sí.

Mestra: Imos a visitar o noso blog para ollar as novas aportacións. Vaia tiña razón Brais, seu pai mandou os debuxos.
Virxinia: Sí, mirade así se debuxa un wáter, unha cama, un sofá… A miña nai fixo tamén uns debuxos e os traio para que os vexades.

[Logo de ollar tódalas revistas aportadas polos nenos e os debuxos de Brais e Virxinia, os alumn@s preferiron os que estaban no blog do pai de Brais porque foron os que máis lles gustaron, polo tanto é con estes cos que decidiron traballar].

Mestra: ¿Tedes algunha pregunta máis sobre o que levamos feito da casa?

Ana: Sí, se a casa ten dous pisos, faltan as escaleiras.

Xulieta: É certo, para subir a segunda planta temos que poñer escaleiras.

Mestra: Moi ben, xa nos esqueciamos das escaleiras para subir o segundo piso.

Ana: Entón teremos que debuxalas tamén no plano.

David: Hai que poñelos mobles.

Mestra: Moi ben imos a xogar un pouco para ensair onde colocalos mobles. Imos a Internet a visitar esta páxina web:

http://belville.lego.com/en-US/games/DollHouse.aspx

4ª SESIÓN - LUNS 14 ABRIL 2008

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

- Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propias das diferentes linguaxes artísticas e culturais.

4ª SESIÓN - LUNS 14 ABRIL 2008

Mestra: Moi bo traballo, para o próximo día temos que pensar como nos gustaría amoblar a casa, ¿tendes algunha idea?

Brais: Para os mobles que van dentro da casa podo pedirlle o meu pai que me empreste revistas do seu traballo que ten na casa.

Mestra: Moi ben, para o próximo día vemos a información que poidades traer.

4ª SESIÓN - LUNS 14 ABRIL 2008



[Voltamos da fin de semana con moitas gañas de traballar no proxecto. Dirixímonos a asamblea].

Brais: Hoxe tiñamos que facer o plano da casa.
Mestra: Sí, parece que estades moi entusiasmados. Agora o que teriades que facer son as siluetas das caixas que elixades. Tede en conta que ten que haber dúas caixas iguais, unha para a planta baixa e outra para a de arriba.

Ana: Sí, é verdade, entón temos que facer dúas siluetas de cada caixa pero de distinta cor.

[Acuden o recanto onde temos almacenadas as caixas de zapatos].

Antía e Brais: Nos escollemos esta caixa e queremos que sexa de cor vermella.

Xulieta e Erik: Nos escollemos a caixa coa mesma forma que Antía e Brais e a cor será azul ceo.

Lois e Lucía: Nos queremos que a nosa habitación sexa máis estreita que as anteriores e de cor verde claro.

Mario e Candela: A nosa tamén será estreita e de cor branca.

Tomás e Lidia: A nosa será como a de Antía e Brais pero de cor amarela.

Pedro e Xulio: A nosa será máis estreita como a de Lucía e Lois pero de cor violeta.

Ana e Roberto: Nos queremos a habitación do mesmo tamaño e cor que Mario e Candela.

David e Lorena: A nosa será como as grandes pero de cor verde oscuro.

Mestra: Agora pasaremos según as parellas, a debuxar a silueta da caixa elexida no folio da mesma cor.
Xaquín e Xosé como vos arquitectos achegaranvos os folios de cores e supervisarán o voso traballo axudando se fose necesario.

[Posteriormente recortarán os folios co tamaño da silueta das caixas].

Xulio: Mestra, agora que xa rematamos teremos que unir estos folios.

Mestra: É certo, a ver, ¿cantas habitacións haberá na primeira planta?

Alumn@s: Catro.

Mestra: ¿Cantas grandes e cantas máis pequenas?

Ana: Dúas grandes e dúas pequenas.

Mestra: ¿De que cores?

Xaquín e Xosé: Na primeira planta, violeta, branco, verde oscuro e amarelo. Na segunda planta verde claro, branco, azul ceo e vermello.

Mestra: ¿Pero como as distribuimos?

[Xaquín e Xosé xogan coas pezas coa axuda do resto dos compañeiros como se estiven facendo un crebacabezas e constrúen os planos].

3ª SESIÓN - XOVES 10 ABRIL 2008

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

- Explorar e manipular algúns dos obxectos e elementos do contorno da casa, recoñecer os seus atributos e calidades e saber convivir en interacción cos iguais.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.

3ª SESIÓN - XOVES 10 ABRIL 2008

Lucía: É unha casa.
Antía: Ten un timbre.
Mestra: Se prememos no timbre dinos que podemos pasar.
Lois: Mestra, ¿podo premer?
Mestra: Claro.
Xaquín: É o plano dunha casa.
Brais: Hai unha persoa que se vai movemendo pola casa.
Xulieta: Ten moitas habitacións.
[A mestra move o rato o longo do plano e van aparecendo os nomes de cada unha das habitacións: salón, cociña…].
Erik: Hai un salón cunha mesa e… ¿que é o que está debuxado o longo da mesa?
Mestra: Son sillas.
Xulio: Ten moitas habitacións, e moitos mobles, na cociña, no baño…

Mestra: Moi ben. Como nos o que queremos facer é unha casa, ¿que temos que facer primeiro?
Brais: O plano da casa que queremos facer.
Mestra: ¿Cales son as partes en que está dividida unha casa?
David: A cociña, o salón…
Ana: O cuarto de baño, a habitación grande dos pais e nais, a nosa habitación…

s alumn@s van onda o recanto da biblioteca e collen o libro CASA DE MUÑECAS en 3D. Tamén se atopa unha presentación na marxe dereita deste blog].

[Posto que o alumnado xa estivo levando distintas caixas de zapatos, xa temos as posibles habitacións acumuladas nun recanto da aula].

Mestra: ¿Como debuxariades o plano da casa?

Xulio: Cada dous compañeiros poderiamos elexir unha habitación, entón colleríamos unha caixa.

David: Como a forma da caixa ten que ser igual a da habitación do plano, podemos coller a caixa e debuxar a súa silueta (contorno – borde) nun papel.

Lucía: ¿E se eleximos unha cor e debuxamos a silueta nunha cartulina desa mesma cor para cada unha das habitacións?

Lois: Claro así xuntando todas as siluetas teremos feito o plano da nosa CASA DAS CORES.

Xosé: Como somos moitos a casa podería ter dous pisos coa mesma forma.

Mestra: Moi ben, ¿que vos parece se repartimos o traballo? Para que non teñamos problemas cada un collerá un número de esta bolsa (na bolsa haberá dous números repetidos) e quen teña o mesmo número que outro, será a súa parella. Posto que Xaquín e Xosé esta semana tócalles ser os encargados das tarefas da aula e non hai habitacións dabonda para todos, ¿gustaríavos ser os encargados de revisar o traballo que se vai facendo e botar unha man cando faga falla?

Xaquín e Xosé: Sí. Entón, ¿somos os arquitectos?
Mestra: Sí.

Sorteo das parellas para traballar por habitación:

1: Antía - Brais
2: Xulieta - Erik.
3: Lois – Lucía.
4: Candela – Mario.
5: Tomás – Lidia.
6: Pedro - Xulio.
7: Roberto - Ana.
8: Lorena - David.

Mestra: Así xa temos oito habitacións, xa que cada dous ides a facer unha. Entón, queredes que a planta baixa teña oito habitacións e a de arriba outras oito, ¿non si?

Alumn@s: Sí.

Mestra: O próximo día comezaremos coa elaboración do plano.

3ª SESIÓN - XOVES 10 ABRIL 2008






Ana: Que debuxos máis bonitos. Eu quero unha casa así.

Mestra: ¿Dádesvos conta do que é un plano?

Lois: É como se estivésemos vendo a casa dende o ceo, sen tellado.

Mestra: Pois eu quero ensinarvos unha páxina que atopei…
http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2004/c/casa/WEB/index.html

3ª SESIÓN - XOVES 10 ABRIL 2008





FOTOS ENVIADAS POLO PAI DE BRAIS. GRAZAS.

3ª SESIÓN - XOVES 10 ABRIL 2008



Mestra: ¿Alguén pode aportar nova información?

Brais: O meu pai traballa deseñando os interiores das casas.

Mestra: ¿É decorador de interiores?

Brais: Sí. Díxome que antes de construir unha casa hai que deseñala a través de debuxos que él chama planos.

Lois: Eso tamén o fai a miña nai, pero ela é arquitecto.

Brais: Onte falando co meu pai díxenlle que iamos a facer unha casa e que ademáis tiñamos un blog no que eles tamén podían enviar cousas. Entón díxome o meu pai que mandáramos debuxos feitos por él para que os puidésemos ver todos.

Mestra: Pois vaiamos onda o ordenador e abriremos o noso blog. Sí, temos unha nova aportación do pai de Brais.

3ª SESIÓN - XOVES 10 ABRIL 2008


[Pasaron varios días despois da última sesión traballando co proxecto: Facemos unha casa. Estos días serviron de periodo de reflexión e descanso para os nosos alumn@s. Achegámonos a asamblea].

Mestra: Xa sabedes que hoxe é o día no que traballamos co noso proxecto: Facemos unha casa. Hoxe trouxen o libro que me emprestou Brais o outro día. Imos a traballar un pouco con el.

[A mestra presenta un power point que ten elaborado e analizan as imaxes. Esta presentación pode atoparse na barra de recursos que se atopa na parte dereita do blog].

miércoles, 27 de agosto de 2008

2ª SESIÓN - LUNS 7 ABRIL 2008

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

- Coñecer os oficios das persoas que traballan nunha casa.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

- Utilizar a biblioteca de aula valorándoa como recurso informativo, para interiorizar e comunicar conceptos con respecto a ampliación do seu coñecemento acerca da construcción da casa.

2ª SESIÓN - LUNS 7 ABRIL 2008



Mesa nº 1: O libro é, Conoce sus trabajos, ¿Quién construye tu casa?

[Serán os integrantes deste grupo os que irán interpretando cada unha das páxinas do libro, a mestra botará unha pequena axuda co texto. Trátase dun libro con mecanismos móviles, os intérpretes mostrarán o grupo cada un dos movementos].

Mestra: Agora xa sabemos as profesións que debemos desempeñar para facer a nosa casa.

2ª SESIÓN - LUNS 7 ABRIL 2008

[Dende o xoves non volvemos a traballar co noso proxecto: Facemos unha casa. Tod@s os alumn@s chegan moi contentos a aula, porque saben que hoxe toca traballar co proxecto da casa. Moitos dos alumn@s chegan a aula coas caixas de zapatos das que falamos na sesión anterior para facer a casa. Imos colocándoas nun dos recantos da aula para traballar en sesións posteriores con elas, cando sexan suficientes. Participan das rutinas diarias, e dirixímonos a asamblea para falar do proxecto].

David: Mestra, gustaríanos poñerlle un nome a nosa casa.
Ana: Eu propoño que a chamemos A CASA DAS CORES.
Alumn@s: Sí, sí…
Mestra: Ana, é un nome que pode aportar moitas cousas o proxecto.

Brais: Mestra, trouxen o libro do que falei o luns. La casa y el hogar ayer y hoy.
Mestra: ¿Parécevos se o levo para a miña casa e o próximo día traballamos con él?
Alumn@s: Sí.

[Xa temos claro que o que imos a facer é unha casa, pero…].

Mestra: ¿Cómo se chaman os traballos de aquelas persoas que fan as casas?
Lidia: Os albaneis fan moitos traballos nas casas.
Pedro: O meu pai é carpinteiro e fai as cousas de madeira para as casas.
Tomás: O outro día escachouse o grifo da miña casa e veu o fontanero a arranxalo.
Candela: Cando se marcha a luz nas casas o que a arranxa é o electricista.
Mario: Miña nai e máis eu fixemos de pintores para pintar a casa.

[Accedemos o rincón da biblioteca e pedímoslle os integrantes da mesa nº 1 que collan un libro que teña que ver cos traballos dos que estivemos falando].

1ª SESIÓN - XOVES 3 ABRIL 2008

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

Criterios de avaliación

Que sexan capaces de…

- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

Criterio de avaliación

Que sexan capaces de…

- Recoñecer algunhas manifestacións culturais próximas e doutras realidades, valorando a súa diversidade e riqueza con respecto a casa.

1ª SESIÓN - XOVES 3 ABRIL 2008

Mestra: ¿Onde buscamos a información para facer unha casa?

Brais: Preguntamos á familia.
Pedro: Na biblioteca de aula (previa selección da bibliografía por parte da mestra sobre a casa).
Lidia: Podemos utilizar o recanto do ordenador e buscar en páxinas web de Internet.
Mario: Preguntámoslle as persoas que traballan facendo casas.
David: Na biblioteca da escola (DVD’s, libros, comics…).

Mestra: ¿Qué se faría coa información recollida sobre a casa?

Brais: Pois, poderiamos facer a maqueta dunha casa.
Lois: ¡Fagamos unha casa!

[As características da construcción da maqueta da casa surxirán o longo das seguintes sesións, sempre partindo dos intereses do alumnado].

Mestra: ¿Cómo nos imos a organizar para facer a casa (buscar a información, elexir os elementos que a compoñan…)?

Xulio: Como traballamos sempre.
Pedro: Sí, por grupos de mesa.
Erik: Aínda que para facer algunhas cousas como somos moitos, podemos traballar de dous en dous.
Lidia: Claro, para logo compartir a información entre todos.

Mestra: ¿Con que materiais a poderiamos facer?
Antía: ¿Se collemos caixas de zapatos para facer as habitacións?
Alumn@s: Sí, con moitas.
Lidia: Cada dous poderiamos coller unha das caixas e facer unha habitación, para facer unha casa moi grande.
Lucía: O meu irmá ten un blog en Internet onde fala cos seus amig@s, e manda fotos… ¿Por que non facemos un onde poidamos recoller todo aquelo que imos facendo?
Mestra: Pode ser unha idea interesante. ¿Estades de acordo?
Alumn@s: Sí.
Mestra: Imos a acceder a Internet a unha das páxinas onde podamos facer un blog. [Así o fai, creando un blog cuio título é: Facemos unha casa].
O nome da dirección do blog é: http://facemosunhacasa.blogspot.com/
[Todos os alumn@s escribirán na súa axenda personal o nome do blog].

Mestra: Na cabeceira do blog hai que poñer unha imaxe que teña que ver co tema do proxecto. Para o próximo día preguntamos a familia que imaxes podemos poñer no noso blog, a ver que sae.

Mestra: Xa que a casa a imos a facer con caixas de zapatos teredes que traer a aula distintas caixas que atopedes.

1ª SESIÓN - XOVES 3 ABRIL 2008

1ª SESIÓN - XOVES 3 ABRIL 2008

Brais: Na biblioteca que teño na miña casa hai un libro no que aparecen as casas nas que ten vivido o home. Podo traelo para que o vexamos.

Antía: Gústame moito facer casas coas pezas de Lego que me agasallaron.
Candela: Se cadra poderiamos facer unha casa entre tod@s.

[A continuación a mestra faralles as preguntas pertinentes os alumn@s para levar a cabo un proxecto, destinado á construcción dunha casa. Son os alumn@s os que en todo momento deciden como se vai a encamiñar o proxecto].

Mestra: ¿Que sabemos… dunha casa? – Ideas previas

Ana: Unha casa ten tellado.
Lois: Ten portas.
Xulieta: Fiestras.
Erik: Paredes.
Lidia: Tamén ten chimenea por onde sae o fume.
David: A miña casa ten moitas habitacións.
Antía: Na miña temos dous baños.
Lois: A habitación que máis me gusta é o salón.
Roberto: Poden estar pintadas de cores.
Xaquín: Ter cadros.
Xosé: Eu vin o debuxo co que construiron a miña casa.

Mestra: ¿Que queremos saber… sobre unha casa?

David: ¿Como se constrúe unha casa? (tema e título do proxecto).
Xosé: ¿Como se fan as paredes da casa?
Lois: e ¿como se pintan as paredes?
Xulieta: Poñerlle luz e auga.
Candela: ¿Que mobles hai en cada unha das habitacións?
Xaquín: E ¿como se constrúen os mobles?
Xosé: ¿Onde e como colocamos fiestras e portas?
Antía: ¿Onde e como se coloca a chimenea?
Lidia: ¿Cales son os traballadores das casas?
Erik: ¿Cales son as distintas casas nas que se viviu?
Lois: ¿Quen constrúe unha casa?
Xulieta: ¿Como se fan os planos dunha casa?
Xaquín: ¿Como se constrúe o tellado dunha casa?

Mestra: Temos que ordenar e clasificar estas cousas que non sabemos.

Lois: Sí, porque temos que saber o que hai que facer primeiro e despois para construir a casa.

[Entre tod@s van categorizando aquelo que queren saber axudados polos consellos da mestra].

1ª SESIÓN - XOVES 3 ABRIL 2008

Xulio: ¿Buscamos en Internet máis imaxes?

[Descubrimos reproduccións de castros de distintos lugares].

A cibdá de Borneiro en Internet:
Páxina www.agalicia.com: http://www.agalicia.com/cabana/index.htm
Páxina www.turgalicia.es:
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=1231&crec=19771&cidi=E
Páxina www.castillosnet.org:
http://www.castillosnet.org/programs/castillosnet.php?tip=inf&dat=lacoruna/C-CAS-010
Páxina wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Borneiro

Castros de Galicia:
Páxina wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Castros_de_Galicia
Cultura castrexa wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Cultura_castreña
Castros wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_%28fortificación%29
Páxina www.galiciaguide.com:
http://www.galiciaguide.com/espana-castros-galicia.html

A CIBDÁ DE BORNEIRO - CASTROS




1ª SESIÓN - XOVES 3 ABRIL 2008

Como cada mañá os nosos alumn@s chegan a escola acompañados polas súas familias ou aqueles encargados do seu coidado. Os ánimos non son de todo esperanzadores xa que é luns e rematou a fin de semana, entramos na aula e mentres participan das rutinas diarias (colgar os abrigos, mochilas…) todos notamos que Xulieta está especialmente leda. Accedemos ó rincón da asamblea e comezamos o diálogo.
¿Qué día é hoxe? (o encargado da semana érguese e acude o taboleiro dos días da semana e sinala o luns) Manuel di: Hoxe é luns.
¿Qué tal pasástedes a fin de semana? Xulieta volve a sorrir e di: ¡moi ben!
Comezamos por Xulieta logo, ¿que fixeches nesta fin de semana? Pois… estiven coa miña familia na Cibdá de Borneiro, onde había moitos castros.

Xaquín pregunta: ¿Que é un castro?
Mestra: Xulieta, ¿sabes o que é un castro?
Xulieta: Eran as casas redondas de pedra e con teito de palla onde vivían as persoas fai moito moito tempo.
Alumn@s: Mestra, queremos ver como era un castro.
Xulieta: A miña familia e máis eu estivemos sacando fotos coa cámara dixital, pedinlle a miña irmá que as gardara nun CD para que as poidésemos ver tod@s na aula.
Mestra: ¿Prendemos o ordenador e o proxector e vemos as imaxes?
Alumn@s: Sí, mestra.

[Unha por unha imos analizando as imaxes e facendo unha comparativa coas casas nas que vivimos na actualidade].

8. SIMULACIÓN DO PROXECTO

O longo de dez sesións iremos vendo como se desenvolve o proxecto no contexto da aula.

7. MOTIVACIÓN

Tod@s os nos@s alumn@s chegan a escola diariamente con moitas preguntas sobre aquelo que acontece o seu redor. Durante o periodo que dura o desenvolvemento do proxecto: Facemos unha casa, interésanse polo porque, o como, para que…

A nosa responsabilidade radica en aproveitar ese interese, que non deixa de ser unha necesidade, por coñecer e buscar que potencien as súas capacidades.

Todas as actividades van a ter como referencia o nen@ e a súa realidade experiencial.

O motivar vai a ser para o noso grupo concreto de aula o comezo, dunha aventura que lles vai a permitir descubrir, coñecer e facer seus, outros mundos, acontecementos… que fagan espertar neles a curiosidade e a ilusión polo proxecto, facemos unha casa.

Os primeiros pasos a seguir son moi importantes para o desenvolvemento do proxecto polo que van a estar deseñados e planificados con creatividade e imaxinación, amosando variedade de situacións e estratexias.

A estratexia que motiva o proxecto: Facemos unha casa, serán as experiencias contadas dunha das alumnas (Xulieta) que fai unha visita coa súa familia a Cibdá de Borneiro onde coñece as primeiras casas do home, os castros. O memo día (primeiro) que relata a súa experiencia aporta a aula un CD no que poderemos ver unha serie de imaxes sobre aquelas casas. O resto dos compañeir@s interésanse por aquel lugar e máis concretamente por coñecer cousas sobre as casas, decidindo finalmente que queren facer unha.

6. ACERCA DO PROXECTO...

ESTUDO DE IDEAS PREVIAS

Ó inicio do proxecto o alumnado explicita a información que posúe sobre a casa e comparte estas ideas e crenzas co resto da clase, comparando, debatendo e contrastando as diferentes versións.

No decurso deste proceso faise consciente de cales son as súas concepcións e de cales son as limitacións das mesmas. Apercíbese de que hai información sobre a casa que non posúe e de que hai compañeir@s que teñen informacións alternativas e ata diferentes á propias.

Neste primeiro momento do proxecto pódense utilizar diferentes técnicas que faciliten a recollida de información na memoria e mesmo a súa asociación e comunicación: Remuíño de ideas, fotoproblema mural, debate na asamblea, fotoblog…

Toda esta información previa compilada, anotada e debatida conduce ó alumnado á certeza de que debe investigar para subsanalas dúbidas e para completalos datos que non posúe.

ÍNDICE E GUIÓN DA INVESTIGACIÓN

Constátase a necesidade de buscar información para poder facer a casa. O alumnado, conxuntamente co profesorado, elabora un índice de preguntas (ou un guión se xa ten experiencia na realización de proxectos de traballo, como é o caso) que lle permita contextualizalos aspectos sobre os que vai investigar e moverse con garantías de éxito entre a enorme cantidade de información que pode atopar sobre este tema.

FONTES PARA A INVESTIGACIÓN

Poñer ó alumnado en relación coa nova información vai supoñelo manexo de diferentes fontes, unhas xa coñecidas e outras novas.

Para este tema existen fontes como:

As familias, revistas especializadas, internet, libros sobre a casa…

ORGANIZACIÓN PARA A INVESTIGACIÓN

Para recollela información cómpre dunha planificación eficaz que permita mergullarse en diferentes fontes, seleccionar información sobre a casa e elixila máis relevante.

Pódense escolmar diversas posibilidades:

Cada grupo investiga nunha fonte diferente e transmite a información ó resto, tódolos grupos investigan na mesma fonte e contrastan os datos obtidos, faise a investigación en grupos cooperativos…

TRABALLO COA INFORMACIÓN

Localizada toda a información que precisamos sobre a casa hai que interpretala, analizala coidadosamente, valorala, comparala con outras informacións alternativas e, despois de comunicala e compartila co resto da clase, arquivala eficazmente. Podemos usar neste caso un fotoblog.
Xa toda a clase está en disposición de estructurala información que posúe sobre a casa empregando estratexias variadas como mapas conceptuais.

Ó final desta fase o alumnado toma contacto con diferentes fórmulas de comunicación de resultados e mesmo de elaboración de información nova ou de reelaboración da información atopada.

AVALIACIÓN, SÍNTESE E CONCLUSIÓNS

A recapitulación, síntese e conclusións son tarefas grupais que permiten á clase reflexionar sobre o aprendido ó redor da casa e facer propostas de mellora e afondamento cara á vindeiros proxectos. Tamén se converte nunha tarefa individual de reconstrucción de esquemas cognitivos propios.

5. METODOLOXÍA

A metodoloxía é un elemento fundamental no proceso de ensino – aprendizaxe no proxecto facemos unha casa. As actividades que realizan os nen@s constitúen a base dos seus aprendizaxes, “son unha maneira activa e ordeada de levar a cabo as estratexias metodolóxicas ou experiencias de aprendizaxe” (Antúnez e outros, 1992). A través delas, se desenvolven as capacidades infantís, polo que o establecemento dun criterios para a selección das mismas resulta especialmente relevante.

Respecto as actividades de ensino – aprendizaxe e en función da súa finalidade, distinguiremos entre:

- Actividades previas e de motivación: Tratan de averiguar ideas, intereses, necesidades… dos alumn@s sobre o proxecto facemos un acuario que se van a traballar co fin de suscitar o desexo e a participación de todos onda as tarefas educativas.
- Actividades de desenvolvemento: Son aquelas que se prevén durante todo o proxecto con carácter xeral para todos os alumn@s da aula.
- Actividades de avaliación: O mestre/a deseñará, sin que sexan percibidas polos alumn@s en algunhas ocasións, para reaxustar permanentemente o proceso educativo en base á información que tales actividades proporcionan.

Destacar como elementos pedagóxicos fundamentais as propias experiencias do alumnado, as actividades concretas a realizar, o ambiente a crear na aula (afecto, confianza…) e un ensino adaptado ás características persoais de cada alumn@.

Criterios metodolóxicos

- Principios psicopedagóxicos: Son uns principios xerais que forman os alicerces sobre os que se asenta a metodoloxía. De xeito esquemático podemos sinalar algúns, a aprendizaxe é unha construcción persoal, os nen@s aprenden se queren aprender (actitude favorable), o alumnado percibe a realidade de xeito global e relacionado, realización de actividades mentais e físicas e non só manipulativas e a aprendizaxe desenvólvese mellor nun clima de calma e seguridade.
- Actividades de ensino – aprendizaxe adaptadas o nivel madurativo dos alumn@s e as súas necesidades e intereses (facer un acuario).
- Aprendizaxe significativo: Os nen@s deben establecer relacións entre os coñecementos previos e os que van a adquirir. As actividades serán funcionais e o alumn@ estará motivado pola adquisición de novos coñecementos.
- Enfoque globalizador: A importancia do enfoque globalizador nun proxecto de traballo (facemos unha casa) encamíñase a que a forma de aprender do alumnado encamíñase a unha determinada “maneira” de coñecer, plantexar e resolver problemas ou percibir procesos na que o obxecto abórdase como unha totalidade, como unha unidade de saber a visión que permite enfocar o proceso de ensino – aprendizaxe tal e como o suxeito destas idades o percibe, é dicir, de forma unitaria e global.
- Actividade: Porque para que a realidade sexa aprehendida, o nen@ ten que realizar procesos motrices, manipulativos e mentais.
- Individualidade: Porque cada nen@ ten que relacionar as ideas novas a súa experiencia anterior e as súas ideas previas para realizar un aprendizaxe significativo.
- Metodoloxía constructivista.
- Importancia do xogo.
- Creación dun ambiente seguro e acolledor.
- Organización axeitada do espazo e do tempo: A distribución do espazo debe axustarse ás características e necesidades do alumnado así como do proxecto concreto. Dende o comezo deste crearase un novo espazo adicado ó acuario que estará suxeto a facilitar desprazamentos e interaccións co mesmo así como que se adecúe o ambiente favorecedor para a súa supervivencia. O espazo ademáis debe ser seguro, que non prantee riscos para os nen@s. A aula ademáis estará organizada en recantos (biblioteca, ordenador…), o tempo e a distribución terá en conta as necesidades concretas do proxecto e dos ritmos de aprendizaxe dos alumn@s. Estará debidamente planificado, pero con certa flexibilidade, pois cada nen@ posúe un ritmo propio que debemos respetar.
Tamén hai que organizar o tempo a través de ritmos e rutinas diarias, que dan seguridade e confianza os nen@s e axúdano a interiorizar os distintos momentos e accións do día (mantemento, e alimentación do acuario…).
- Materiais variados: Na aula debe haber unha ampla e estimulante gama de materiais de lectura, NTIC, gráfico – plásticos, de xogo… para que os nen@s podan experimentar e actuar sobre eles; así desenvolverá a súa creatividade, aprendizaxe e imaxinación. Estos materiais deben ser seguros e estar o alcance dos nen@s para que podan empregalos cando desexen.
- Potenciación da creatividade e autonomía: As actividades plantexadas deberán ter en conta que é imprescindible fomentar a creatividade e a innovación no nen@.
- Atención a diversidade: O longo do proxecto teremos en conta os distintos ritmos de aprendizaxe dos alumn@s da aula.
- Colaboración e coordinación coas familias: É moi importante que exista unha plena colaboración entre a escola e as distintas familias; para un bo desenvolvemento do proceso educativo dos nen@s.
- Lingua vehicular: A lingua vehicular a empregar neste proxecto será o galego. Aínda que non debemos descuidar o emprego da lingua materna da maioría dos nen@s do noso grupo, que é o castelán.

4. ACHEGAS AS COMPETENCIAS E CRITERIOS RELACIONADOS

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

1.- Buscamos no noso alumnado desenvolver a habilidade para comprender a realidade social na que se atopa e saiba convivir cos seus iguais dentro e fora do espacio do fogar (a casa).

2.- Habilidade para desenvolver a capacidade de relacionar o contorno do fogar co medio físico no que se atopa. (Esta achega tamén está directamente relacionada coa competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico).

Criterios de avaliación:

Que sexan capaces de…

1.- Explorar e manipular algúns dos obxectos e elementos do contorno da casa en relación co medio físico no que se atopa, recoñecer os seus atributos e calidades e saber convivir en interacción cos iguais.

2.- Coñecer os oficios das persoas que traballan unha casa e recoñecer, identificar, representar e construir unha casa na súa globalidade e as súas diferentes partes.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

1.- O alumnado terá que desenvolver habilidades para unha vez seleccionada a información cheguen a procesala (transformala en coñecemento) e comunicala.

2.- Traballarase con distintos medios audiovisuais propoñendo situacións nas que sexa necesario resolver problemas reais relacionados coa construcción da casa.

Criterios de avaliación:

Que sexan capaces de…

1.- Utilizar a biblioteca de aula valorándoa como recurso informativo, para interiorizar e comunicar conceptos con respecto a ampliación do seu coñecemento acerca da construcción da casa.

2.- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

1.- Habilidade para coñecer, comprender, apreciar e valorar diferentes manifestacións culturais e artísticas sobre a casa, utilizalas como fonte de enriquecemento e de gozo.

2.- Cultivar a habilidade da visión estética e creadora de cada alumn@ e o interese por participar na vida cultural.

Criterios de avaliación:

Que sexan capaces de…

1.- Recoñecer algunhas manifestacións culturais próximas e doutras realidades, valorando a súa diversidade e riqueza con respecto a casa.

2.- Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propias das diferentes linguaxes artísticas, culturais e audiovisuais.

Imaxes do centro

...

3. CONTEXTUALIZACIÓN

O NOSO CENTRO

O centro onde se vai a desenvolver a labor docente do proxecto “Facemos unha casa” será un CEIP emprazado en Cee, comarca de Fisterra (A Coruña). Esta localidade atópase moi preto do mar. Os habitantes deste municipio teñen un nivel económico medio – alto. Os sectores dos que proveñen os ingresos son principalmente a industria e o sector servizos. O índice de paro establécese nun nivel medio/baixo. O nivel socio-cultural dos habitantes é medio, abarcando dende estudos secundarios ata estudos universitarios. Destacar que a poboación está aumentando coa chegada de inmigrantes (marroquies e sudamericanos).

Tipoloxía e datos identificativos do centro

A titularidade do noso centro é pública, dispoñendo de 2 edificios; 1 deles ocupado por aulas, despachos, almacéns…; e o outro é o pabellón polideportivo. O centro e o pabellón están comunicados entre sí por unha zona de paso cuberta. O centro ten 3 plantas. Dentro do pabellón contamos cunha pista, o ximnasio, duchas e servizos.
O centro conta con 18 aulas, 6 de Educación Infantil e 12 de Educación Primaria. Dispón tamén de 6 aulas específicas: música, actividades alternativas, laboratorio, NNTT, PT e AL. Dispón tamén dunha biblioteca e unha sá de usos múltiples, preparada para escenificacións e diversas celebracións.
Os profesores dispoñemos dunha sa de reunión onde se celebran entre outros os claustros e os consellos. O director, xefe de estudos e secretario dispoñen cada un dun despacho particular. Hai servizos en cada planta e funcionan todos correctamente. Hai varios almacéns onde se gardan utensilios de limpeza, diversas ferramentas e material escolar do centro. Existen 2 patios ou zonas de recreo, un destinado ós alumn@s de EI e o outro apropiado ós alumn@s de EP. Ambos patios están dotados de diversos xogos adecuados ás idades dos nen@s ós que pertence cada zona (tobogáns, balancíns, casiñas…). Ambos posúen as medidas de seguridade axeitadas e contan cunha zona cuberta para os días de chuvia.
Como é un centro de recene construcción, a calefacción e a rede eléctrica funcionan correctamente. As barreiras arquitectónicas están correxidas, o centro conta con ascensor e diversas rampas. A asociación de pais e nais de alumn@s (ANPA) dispoñen dun local propio dentro do mesmo.
O persoal non docente está composto polo conserxe, tres limpiadoras e os monitores de actividades extraescolares. Estas actividades están xestionadas polo ANPA. O centro conta con servizo complementario de transporte escolar.
O centro ten xornada continua. O horario é de 9:30 a 14:30 h. O profesorado acude os martes pola tarde de 16:30 a 18:30. Neste periodo de tempo levamos acabo as reunións de Claustro, Equipos de ciclo, Órganos de coordinación docente…
O centro permanece aberto todas as tardes para o uso do alumnado tanto para a realización de actividades extraescolares como para o uso da biblioteca, contando coa presenza de persoal docente.

Profesorado

O número total de maestr@s do centro é 27. Deles 7 son de EI, 12 de EP, 1 de EM, 2 de EF, 1 de PT, 2 de FI e 1 de AL. Por medio do Obispado o centor conta cun profesor/a de relixión. As relacións humanas e de convivencia entre o profesorado son moi boas. Como o noso centro dispón de 18 unidades, contamos con director, xefe de estudos e secretario. Os órganos de coordinación que temos son: Equipo de Ciclo, Comisión de Coordinación Pedagóxica, Equipo de Normalización Lingüística e Equipo de actividades complementarias e extraescolares, cada un co seu respectivo coordinador/a. Como é un centro de máis de 12 unidades conta con DO.


Alumnado

O número total de alumn@s do centro é 386. Deles 115 son de EI e 271 de EP. No centro hai matriculados 23 alumn@s que proceden do extranxeiro, principalmente sudamericanos, rumanos e marroquíes.
A maior parte do alumnado do centro son castelán falantes. O que se intentará dende o centro ó finalizar a EP será un bilingüismo equilibrado. En EI e no 1º ciclo de EP respetarase a lingua materna da maioría dos alumn@s. Concretamente, na nosa aula, a lingua vehicular que empregaremos será o castelán, xa que é a lingua materna da maioría do noso alumnado, coidando de que adquiran coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, o galego.

A NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL

A aula onde hipotéticamente pretendemos desenvolver a labor docente pertence ó 3º nivel do 2º ciclo de EI. Está composta por 18 alumn@s (8 nenas e 10 nenos). A nosa obriga é coñecer as características do noso alumnado tanto a nivel cognitivo, como motor, social, afectivo, moral… O seu nivel madurativo tamén será importante coñecelo e saber que pode depender de factores ambientais, sociais e xenéticos. Os alumn@s do noso grupo-aula teñen 5 anos. O nen@ desta idade avanzou moito no control do seu propio corpo. A súa actividade física está moi axustada as súas intencións de movemento, de manipulación, de exploración. Ten xa unha imaxe do seu esquema corporal moi precisa. Na representación do seu corpo, sobre todo no debuxo, é capaz de integrar as súas diversas partes, a dominancia lateral está xa prácticamente afianzada e as habilidades perceptivo-motrices lle permiten un uso adecuado e un manexo correcto de diversas técnicas e útiles de representación e a realización correcta de numerosas actividades da súa vida cotiá.

A súa capacidade de atención voluntaria é moito maior. Na convivencia cos demáis é cada vez máis capaz de percibir o punto de vista dos outros: as súas intencións, os seus desexos, emocións; á vez que demanda con maior facilidade a satisfacción dos seus intereses, necesidades, o cal lle permite un intercambio comunicativo máis profundo, establecendo bases sólidas para cooperar cos demáis.

Interésalle moito a realidade externa. A súa curiosidade intelectual, a capacidade de organización da actividade, a búsqueda de novos medios, a satisfacción ante as metas alcanzadas… proporciona ó nen@ unha motivación constante por querer facer, experimentar… Ademáis lle proporciona un medio para exercitar a súas habilidades e axustar cada vez máis o coñecemento de sí mesmo e das súas capacidades.

A internalización da linguaxe como representación do coñecemento adquirido e construido socialmente, comeza a ser tan completa que pode falar e pensar do acontecido no pasado, do que sucede noutro lugar e a outras persoas, pode inventar, fantasear… pode tamén planificar cos demáis, compartir diálogos, anticipar o que pode ocurrir…

Páxinas web sobre proxectos de traballo en EI

http://www.concejoeducativo.org/article.php?id_article=85

http://www.educarioja.org/educarioja/html/docs/premios_innovacion/2003/2%20premio%2002-03%20los%20castillos.pdf

http://enebro.pntic.mec.es/~psalaver/proyecto1.htm

http://www.elbibio.com/proyectos_trabajo.asp?categoria=1&pag=2

http://www.escuelaeltomillar.com/pproyectos.htm

http://www.educarm.es/templates/portal/images/ficheros/revistaEducarm/7/6proyectoinfantil.pdf

2. ¿QUE É UN PROXECTO EDUCATIVO DE TRABALLO?

O método de traballo por proxectos debe a súa orixe o pedagogo norteamericano Kilpatrick que no 1918 menciónaos nun dos seus artigos. O traballo por proxectos enténdese como un conxunto de actividades educativas encamiñadas a fomentar o descubrimento infantil a través da orientación do docente, soen ter unha duración de catro a máis semanas, neles os nen@s participan activamente no seu plantexamento, no seu deseño e seguemento (Freinet, 1975). Os proxectos de traballo axudan principalmente á creación de estratexias organizativas xa que permiten o neno transformar a información procedente das distintas experiencias no coñecemento propio a partir de problemas ou hipóteses de traballo (Hernández e Ventura, 2000). De acordo con Papert a nosa función como mestres/as debe consistir principalmente en crear as condicións necesarias para descubrir, indagar e inventar, non debemos servir os nen@s os coñecementos listos para usar.

Unha das grandes interrogantes do mestre/a é como adquiren os nen@s as aprendizaxes e a relación entre estos e o ensino. Os nen@s aprenden cando incorporan a súa estructura de coñecemento a nova información que reciben (pola búsqueda, polos adultos, polos iguais…) e cando están motivados para relacionala mentalmente co que xa sabían (aprendizaxe significativo).

Tendo en conta os principios psicopedagóxicos de individualidade, globalización, memoria comprensiva, significatividade e actividade de exploración e manipulación como medio para estimular a actividade cognitiva, chegamos á conclusión que traballar por proxectos facilita ós nen@s a tarefa de aprender a aprender.

O obxectivo de aprender a aprender é que o alumn@ adquira estratexias de planificación e de descubrimento. Comezarán a coñecer o método científico e desta maneira, coa axuda do educador/a e dos seus compañeir@s, serán capaces de adquirir coñecementos da realidade e elaboralos. En definitiva, se trata de que o alumn@ se inicie no aprendizaxe dunhas estratexias e procedementos cos que poda planificar, organizar e asimilar as novas informacións.

Os proxectos parten de todo aquelo que supón un interese para os nen@s destas idades nos que impera a necesidade de coñecerse a sí mesmo e coñecer o seu medio para relacionarse e comunicarse con él.

O interese suscitado a través dalgunha motivación, é o primeiro motor da aprendizaxe; vivindo estos proxectos de gran grupo como unha aventura de investigación, permitiráselles os nen@s buscar e recoller datos, poñelos en común, elexir a solución axeitada, aclarar dúbidas, elaborar a nova información e modificar os seus propios esquemas de coñecemento.

Os proxectos máis interesantes son os proxectos de simulación ligados ó xogo simbólico e dramático ou ó elemento fantástico e misterioso. Xogando ós médicos poden investigar sobre o seu corpo e as súas características, xogando ós monstruos poderán ir elaborando e superando os medos propias nesta idade, ou facer unha casa como proxecto.

Proxectos de investigación onde os nen@s aproveitan a resolver problemas e dúbidas a través da observación e experimentación. Por exemplo, a terra, a auga, o aire, a casa…

O primeiro paso ó traballar por proxectos será a elección do tema e o seu punto de partida é a incidencia do mestre/a na motivación que pode surxir dunha experiencia vivida, de algunha aportación dun nen@ ou da necesidade individual ou colectiva, dun conto ou dunha mensaxe dalgún personaxe fantástico, ou da simple presentación dun material ou elemento.

Unha vez elexido o tema, o mestre/a e o grupo de nen@s teñen que saber o que se coñece do tema (ideas previas) para que o novo teña significado para cada un dos alumn@s.

Outra fase do proxecto será a búsqueda de novos datos e de fontes de información. Elaborarase unha planificación do traballo nomeando nen@s ou grupos responsables e a través dalgún mural se marcarán os pasos a seguir.

Os nen@s buscarán a información en libros, directamente da realidade ou consultando con algún maior, vendo vídeos ou películas, facendo experimentos, realizando pequenos proxectos. Os seus hachazgos comunicaranos ó grupo e entre todos sacarán unhas conclusións.

Estas fases corresponden no noso material de cada proxecto ós seguintes puntos:

- A fundamentación: Xustifica a elección dos proxectos, os coñecementos que un nen@ posúe e os que pode adquirir, se complementa coas ideas sobre o tema que mostra os niveis dos contidos que os nen@s destas idades poden elaborar.

- As exemplificacións: Reflexan un pequeno proxecto realizado por nen@s, son os planes de acción.

- Os bloques de actividades aportan ideas: iniciais (para coñecer as ideas previas), de desenvolvemento (para investigar), de avaliación (para extraer as conclusións), de ampliación (para quen necesite saber máis) e de reforzo (para aqueles que tiveron dificultades en adquirir e asimilar a nova información).

O nos@ mestre/a ante a elección do tema deberá realizar unha programación e tomar unha serie de determinacións sobre ó achegamento as competencias básicas relacionándoas cos criterios de avaliación e deseñar actividades. Simultáneamente ó desenvolvemento do proxecto deberá interpretar as respostas dos alumn@s, secuenciar as fases e acompañar a cada nen@ nos seus hachazgos, axudándolles para que asimilen a nova información os seus esquema de coñecemento. E finalmente avaliar as aprendizaxes e as estratexias adquiridas.

En definitiva, a avaliación interesa ó mestre/a para valorar si as fases e secuencias de aprendizaxe foron ben elaboradas, si os contidos foron ben elexidos, coñecer as novas aprendizaxes de cada nen@ e realizar os cambios oportunos, según as súas conclusións, no próximo proxecto.

O tempo, os espacios e materiais para traballar por proxectos dependen de cada organización, pero en liñas xerais e a modo de exemplo, podemos ofrecer algunhas ideas según cada fase:

- A elección do proxecto: Pode levarse a cabo nos corros despois da motivación que se irá preparando en varios días ou puntualmente, si se programaron, por exemplo, a visita dun personaxe ou unha saída.

- As actividades de iniciación: Para averiguar as ideas previas efectuaranse no momento e espacio que cada tipo de actividade, seguida, si son de conversación no corro, si son de expresión plástica, nos recantos ou nalgún taller, se son saídas no día programado especialmente…

- A búsqueda de información: Planifícase no corro e se realiza en distintos lugares e tempos, na casa ou nos recantos de xogo, se queren buscar un libro ou contos, noutra saída…

- As exemplificacións ou pequenos proxectos: Poden levalos a cabo de igual maneira, según a súas características en talleres, recantos ou no xardín.

E desta maneira continuará o proxecto nos tempos e espacios que o mestre/a adecúe na súa programación.

Con todo elo queremos demostrar que os proxectos está integrados por diversas opcións metodolóxicas e materializaranse nas propostas que o educador/a elixa para o seu traballo.

PROXECTOS DE TRABALLO:

O profesorado é mediador, intérprete, un membro do grupo.
Calquera tema pode servir como eixo.
A globalización enténdese coma relacional.
O alumn@ é copartícipe.
A información é buscada polo alumnado co profesorado.
Método que xira ó redor dunha construcción…, para o cal o grupo argumenta o tema, debate a organización, define o proxecto indicando información necesaria, materiais…, executa as actividades segundo o plano marcado e avalía o resultado.
Fases do proxecto: Motivación, estudio de ideas previas, elección de proxecto e definición, busca de información e materiais, elaboración, síntese, conclusión e avaliación.

CONCLUSIÓNS:

Traballar por proxectos supón un xeito diferente de estructuralas actividades de ensino-aprendizaxe ó redor dun problema que se presenta, achegando ó alumnado o gran abano de informacións que se atopa no contorno (información que dará unha solución aceptable) de xeito que o nen@ se convirtan en protagonistas e responsables da súa propia aprendizaxe, proporcionándose fórmulas de relacionala propia experiencia coa nova información para que se poidan establecer novos enlaces posteriormente.

Traballar por proxectos supón que o alumnado olle ó contorno con curiosidade, supón un descubrimento continuo, un enriquecemento dos seus esquemas mentais, mentres vai avanzando cara ó coñecemento do seu medio, da realidade, do mundo, das persoas, das cousas a partir dos seus propios intereses e baseándose sobre todo na comunicación, na planificación conxunta e nas relacións interpersoais.

Un proxecto é ollar a realidade con novos ollos para facela nosa…
Un proxecto non é facer por facer e porque si, non é improvisación e arbitrariedade…
Un proxecto xorde da vida cotiá, da necesidade, da curiosidade, do medo, da risa…
Un proxecto baséase na concepción de que as criaturas son persoas cheas de ideas…
Un proxecto dura o que o reloxo de intereses, da motivación, da creación…
Un proxecto planifícase entre tod@s e tódolos que nos embarcamos na gamela de aprender.
Nun proxecto o alumnado non ten porque realizala mesma actividade o mesmo tempo, nin no mesmo espacio, depende da nosa imaxinación. O mundo é diverso, as persoas tamén, hai que proporcionar diferentes ambientes educativos…
Nun proxecto profesorado e alumnado traballan man con man, planifican conxuntamente, aguillóanse con ideas, medran…
Un proxecto é fomentalo pracer por coñecer, é potenciala emoción de descubrir.

1. INTRODUCCIÓN - TÍTULO DO PROXECTO

O desenvolvemento da simulación deste proxecto de traballo para a educación, surxe no contexto da aula de coñecemento do medio natural, social e cultural da diplomatura de mestre en educación infantil de Pontevedra.

O tema vennos dado, proponse facer un proxecto que ten como título: FACEMOS UNHA CASA.

A creación deste proxecto de principio a fin foi froito da imaxinación de Leticia Alvariñas Gómez e Mª del Carmen da Concepción Ouviña.