miércoles, 27 de agosto de 2008

3. CONTEXTUALIZACIÓN

O NOSO CENTRO

O centro onde se vai a desenvolver a labor docente do proxecto “Facemos unha casa” será un CEIP emprazado en Cee, comarca de Fisterra (A Coruña). Esta localidade atópase moi preto do mar. Os habitantes deste municipio teñen un nivel económico medio – alto. Os sectores dos que proveñen os ingresos son principalmente a industria e o sector servizos. O índice de paro establécese nun nivel medio/baixo. O nivel socio-cultural dos habitantes é medio, abarcando dende estudos secundarios ata estudos universitarios. Destacar que a poboación está aumentando coa chegada de inmigrantes (marroquies e sudamericanos).

Tipoloxía e datos identificativos do centro

A titularidade do noso centro é pública, dispoñendo de 2 edificios; 1 deles ocupado por aulas, despachos, almacéns…; e o outro é o pabellón polideportivo. O centro e o pabellón están comunicados entre sí por unha zona de paso cuberta. O centro ten 3 plantas. Dentro do pabellón contamos cunha pista, o ximnasio, duchas e servizos.
O centro conta con 18 aulas, 6 de Educación Infantil e 12 de Educación Primaria. Dispón tamén de 6 aulas específicas: música, actividades alternativas, laboratorio, NNTT, PT e AL. Dispón tamén dunha biblioteca e unha sá de usos múltiples, preparada para escenificacións e diversas celebracións.
Os profesores dispoñemos dunha sa de reunión onde se celebran entre outros os claustros e os consellos. O director, xefe de estudos e secretario dispoñen cada un dun despacho particular. Hai servizos en cada planta e funcionan todos correctamente. Hai varios almacéns onde se gardan utensilios de limpeza, diversas ferramentas e material escolar do centro. Existen 2 patios ou zonas de recreo, un destinado ós alumn@s de EI e o outro apropiado ós alumn@s de EP. Ambos patios están dotados de diversos xogos adecuados ás idades dos nen@s ós que pertence cada zona (tobogáns, balancíns, casiñas…). Ambos posúen as medidas de seguridade axeitadas e contan cunha zona cuberta para os días de chuvia.
Como é un centro de recene construcción, a calefacción e a rede eléctrica funcionan correctamente. As barreiras arquitectónicas están correxidas, o centro conta con ascensor e diversas rampas. A asociación de pais e nais de alumn@s (ANPA) dispoñen dun local propio dentro do mesmo.
O persoal non docente está composto polo conserxe, tres limpiadoras e os monitores de actividades extraescolares. Estas actividades están xestionadas polo ANPA. O centro conta con servizo complementario de transporte escolar.
O centro ten xornada continua. O horario é de 9:30 a 14:30 h. O profesorado acude os martes pola tarde de 16:30 a 18:30. Neste periodo de tempo levamos acabo as reunións de Claustro, Equipos de ciclo, Órganos de coordinación docente…
O centro permanece aberto todas as tardes para o uso do alumnado tanto para a realización de actividades extraescolares como para o uso da biblioteca, contando coa presenza de persoal docente.

Profesorado

O número total de maestr@s do centro é 27. Deles 7 son de EI, 12 de EP, 1 de EM, 2 de EF, 1 de PT, 2 de FI e 1 de AL. Por medio do Obispado o centor conta cun profesor/a de relixión. As relacións humanas e de convivencia entre o profesorado son moi boas. Como o noso centro dispón de 18 unidades, contamos con director, xefe de estudos e secretario. Os órganos de coordinación que temos son: Equipo de Ciclo, Comisión de Coordinación Pedagóxica, Equipo de Normalización Lingüística e Equipo de actividades complementarias e extraescolares, cada un co seu respectivo coordinador/a. Como é un centro de máis de 12 unidades conta con DO.


Alumnado

O número total de alumn@s do centro é 386. Deles 115 son de EI e 271 de EP. No centro hai matriculados 23 alumn@s que proceden do extranxeiro, principalmente sudamericanos, rumanos e marroquíes.
A maior parte do alumnado do centro son castelán falantes. O que se intentará dende o centro ó finalizar a EP será un bilingüismo equilibrado. En EI e no 1º ciclo de EP respetarase a lingua materna da maioría dos alumn@s. Concretamente, na nosa aula, a lingua vehicular que empregaremos será o castelán, xa que é a lingua materna da maioría do noso alumnado, coidando de que adquiran coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, o galego.

A NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL

A aula onde hipotéticamente pretendemos desenvolver a labor docente pertence ó 3º nivel do 2º ciclo de EI. Está composta por 18 alumn@s (8 nenas e 10 nenos). A nosa obriga é coñecer as características do noso alumnado tanto a nivel cognitivo, como motor, social, afectivo, moral… O seu nivel madurativo tamén será importante coñecelo e saber que pode depender de factores ambientais, sociais e xenéticos. Os alumn@s do noso grupo-aula teñen 5 anos. O nen@ desta idade avanzou moito no control do seu propio corpo. A súa actividade física está moi axustada as súas intencións de movemento, de manipulación, de exploración. Ten xa unha imaxe do seu esquema corporal moi precisa. Na representación do seu corpo, sobre todo no debuxo, é capaz de integrar as súas diversas partes, a dominancia lateral está xa prácticamente afianzada e as habilidades perceptivo-motrices lle permiten un uso adecuado e un manexo correcto de diversas técnicas e útiles de representación e a realización correcta de numerosas actividades da súa vida cotiá.

A súa capacidade de atención voluntaria é moito maior. Na convivencia cos demáis é cada vez máis capaz de percibir o punto de vista dos outros: as súas intencións, os seus desexos, emocións; á vez que demanda con maior facilidade a satisfacción dos seus intereses, necesidades, o cal lle permite un intercambio comunicativo máis profundo, establecendo bases sólidas para cooperar cos demáis.

Interésalle moito a realidade externa. A súa curiosidade intelectual, a capacidade de organización da actividade, a búsqueda de novos medios, a satisfacción ante as metas alcanzadas… proporciona ó nen@ unha motivación constante por querer facer, experimentar… Ademáis lle proporciona un medio para exercitar a súas habilidades e axustar cada vez máis o coñecemento de sí mesmo e das súas capacidades.

A internalización da linguaxe como representación do coñecemento adquirido e construido socialmente, comeza a ser tan completa que pode falar e pensar do acontecido no pasado, do que sucede noutro lugar e a outras persoas, pode inventar, fantasear… pode tamén planificar cos demáis, compartir diálogos, anticipar o que pode ocurrir…

No hay comentarios: