miércoles, 27 de agosto de 2008

4. ACHEGAS AS COMPETENCIAS E CRITERIOS RELACIONADOS

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

1.- Buscamos no noso alumnado desenvolver a habilidade para comprender a realidade social na que se atopa e saiba convivir cos seus iguais dentro e fora do espacio do fogar (a casa).

2.- Habilidade para desenvolver a capacidade de relacionar o contorno do fogar co medio físico no que se atopa. (Esta achega tamén está directamente relacionada coa competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico).

Criterios de avaliación:

Que sexan capaces de…

1.- Explorar e manipular algúns dos obxectos e elementos do contorno da casa en relación co medio físico no que se atopa, recoñecer os seus atributos e calidades e saber convivir en interacción cos iguais.

2.- Coñecer os oficios das persoas que traballan unha casa e recoñecer, identificar, representar e construir unha casa na súa globalidade e as súas diferentes partes.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

1.- O alumnado terá que desenvolver habilidades para unha vez seleccionada a información cheguen a procesala (transformala en coñecemento) e comunicala.

2.- Traballarase con distintos medios audiovisuais propoñendo situacións nas que sexa necesario resolver problemas reais relacionados coa construcción da casa.

Criterios de avaliación:

Que sexan capaces de…

1.- Utilizar a biblioteca de aula valorándoa como recurso informativo, para interiorizar e comunicar conceptos con respecto a ampliación do seu coñecemento acerca da construcción da casa.

2.- Empregar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e algunhas das NTIC como vehículo de expresión e comunicación para levar a cabo a construcción da casa.

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

1.- Habilidade para coñecer, comprender, apreciar e valorar diferentes manifestacións culturais e artísticas sobre a casa, utilizalas como fonte de enriquecemento e de gozo.

2.- Cultivar a habilidade da visión estética e creadora de cada alumn@ e o interese por participar na vida cultural.

Criterios de avaliación:

Que sexan capaces de…

1.- Recoñecer algunhas manifestacións culturais próximas e doutras realidades, valorando a súa diversidade e riqueza con respecto a casa.

2.- Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propias das diferentes linguaxes artísticas, culturais e audiovisuais.

No hay comentarios: