miércoles, 27 de agosto de 2008

2. ¿QUE É UN PROXECTO EDUCATIVO DE TRABALLO?

O método de traballo por proxectos debe a súa orixe o pedagogo norteamericano Kilpatrick que no 1918 menciónaos nun dos seus artigos. O traballo por proxectos enténdese como un conxunto de actividades educativas encamiñadas a fomentar o descubrimento infantil a través da orientación do docente, soen ter unha duración de catro a máis semanas, neles os nen@s participan activamente no seu plantexamento, no seu deseño e seguemento (Freinet, 1975). Os proxectos de traballo axudan principalmente á creación de estratexias organizativas xa que permiten o neno transformar a información procedente das distintas experiencias no coñecemento propio a partir de problemas ou hipóteses de traballo (Hernández e Ventura, 2000). De acordo con Papert a nosa función como mestres/as debe consistir principalmente en crear as condicións necesarias para descubrir, indagar e inventar, non debemos servir os nen@s os coñecementos listos para usar.

Unha das grandes interrogantes do mestre/a é como adquiren os nen@s as aprendizaxes e a relación entre estos e o ensino. Os nen@s aprenden cando incorporan a súa estructura de coñecemento a nova información que reciben (pola búsqueda, polos adultos, polos iguais…) e cando están motivados para relacionala mentalmente co que xa sabían (aprendizaxe significativo).

Tendo en conta os principios psicopedagóxicos de individualidade, globalización, memoria comprensiva, significatividade e actividade de exploración e manipulación como medio para estimular a actividade cognitiva, chegamos á conclusión que traballar por proxectos facilita ós nen@s a tarefa de aprender a aprender.

O obxectivo de aprender a aprender é que o alumn@ adquira estratexias de planificación e de descubrimento. Comezarán a coñecer o método científico e desta maneira, coa axuda do educador/a e dos seus compañeir@s, serán capaces de adquirir coñecementos da realidade e elaboralos. En definitiva, se trata de que o alumn@ se inicie no aprendizaxe dunhas estratexias e procedementos cos que poda planificar, organizar e asimilar as novas informacións.

Os proxectos parten de todo aquelo que supón un interese para os nen@s destas idades nos que impera a necesidade de coñecerse a sí mesmo e coñecer o seu medio para relacionarse e comunicarse con él.

O interese suscitado a través dalgunha motivación, é o primeiro motor da aprendizaxe; vivindo estos proxectos de gran grupo como unha aventura de investigación, permitiráselles os nen@s buscar e recoller datos, poñelos en común, elexir a solución axeitada, aclarar dúbidas, elaborar a nova información e modificar os seus propios esquemas de coñecemento.

Os proxectos máis interesantes son os proxectos de simulación ligados ó xogo simbólico e dramático ou ó elemento fantástico e misterioso. Xogando ós médicos poden investigar sobre o seu corpo e as súas características, xogando ós monstruos poderán ir elaborando e superando os medos propias nesta idade, ou facer unha casa como proxecto.

Proxectos de investigación onde os nen@s aproveitan a resolver problemas e dúbidas a través da observación e experimentación. Por exemplo, a terra, a auga, o aire, a casa…

O primeiro paso ó traballar por proxectos será a elección do tema e o seu punto de partida é a incidencia do mestre/a na motivación que pode surxir dunha experiencia vivida, de algunha aportación dun nen@ ou da necesidade individual ou colectiva, dun conto ou dunha mensaxe dalgún personaxe fantástico, ou da simple presentación dun material ou elemento.

Unha vez elexido o tema, o mestre/a e o grupo de nen@s teñen que saber o que se coñece do tema (ideas previas) para que o novo teña significado para cada un dos alumn@s.

Outra fase do proxecto será a búsqueda de novos datos e de fontes de información. Elaborarase unha planificación do traballo nomeando nen@s ou grupos responsables e a través dalgún mural se marcarán os pasos a seguir.

Os nen@s buscarán a información en libros, directamente da realidade ou consultando con algún maior, vendo vídeos ou películas, facendo experimentos, realizando pequenos proxectos. Os seus hachazgos comunicaranos ó grupo e entre todos sacarán unhas conclusións.

Estas fases corresponden no noso material de cada proxecto ós seguintes puntos:

- A fundamentación: Xustifica a elección dos proxectos, os coñecementos que un nen@ posúe e os que pode adquirir, se complementa coas ideas sobre o tema que mostra os niveis dos contidos que os nen@s destas idades poden elaborar.

- As exemplificacións: Reflexan un pequeno proxecto realizado por nen@s, son os planes de acción.

- Os bloques de actividades aportan ideas: iniciais (para coñecer as ideas previas), de desenvolvemento (para investigar), de avaliación (para extraer as conclusións), de ampliación (para quen necesite saber máis) e de reforzo (para aqueles que tiveron dificultades en adquirir e asimilar a nova información).

O nos@ mestre/a ante a elección do tema deberá realizar unha programación e tomar unha serie de determinacións sobre ó achegamento as competencias básicas relacionándoas cos criterios de avaliación e deseñar actividades. Simultáneamente ó desenvolvemento do proxecto deberá interpretar as respostas dos alumn@s, secuenciar as fases e acompañar a cada nen@ nos seus hachazgos, axudándolles para que asimilen a nova información os seus esquema de coñecemento. E finalmente avaliar as aprendizaxes e as estratexias adquiridas.

En definitiva, a avaliación interesa ó mestre/a para valorar si as fases e secuencias de aprendizaxe foron ben elaboradas, si os contidos foron ben elexidos, coñecer as novas aprendizaxes de cada nen@ e realizar os cambios oportunos, según as súas conclusións, no próximo proxecto.

O tempo, os espacios e materiais para traballar por proxectos dependen de cada organización, pero en liñas xerais e a modo de exemplo, podemos ofrecer algunhas ideas según cada fase:

- A elección do proxecto: Pode levarse a cabo nos corros despois da motivación que se irá preparando en varios días ou puntualmente, si se programaron, por exemplo, a visita dun personaxe ou unha saída.

- As actividades de iniciación: Para averiguar as ideas previas efectuaranse no momento e espacio que cada tipo de actividade, seguida, si son de conversación no corro, si son de expresión plástica, nos recantos ou nalgún taller, se son saídas no día programado especialmente…

- A búsqueda de información: Planifícase no corro e se realiza en distintos lugares e tempos, na casa ou nos recantos de xogo, se queren buscar un libro ou contos, noutra saída…

- As exemplificacións ou pequenos proxectos: Poden levalos a cabo de igual maneira, según a súas características en talleres, recantos ou no xardín.

E desta maneira continuará o proxecto nos tempos e espacios que o mestre/a adecúe na súa programación.

Con todo elo queremos demostrar que os proxectos está integrados por diversas opcións metodolóxicas e materializaranse nas propostas que o educador/a elixa para o seu traballo.

PROXECTOS DE TRABALLO:

O profesorado é mediador, intérprete, un membro do grupo.
Calquera tema pode servir como eixo.
A globalización enténdese coma relacional.
O alumn@ é copartícipe.
A información é buscada polo alumnado co profesorado.
Método que xira ó redor dunha construcción…, para o cal o grupo argumenta o tema, debate a organización, define o proxecto indicando información necesaria, materiais…, executa as actividades segundo o plano marcado e avalía o resultado.
Fases do proxecto: Motivación, estudio de ideas previas, elección de proxecto e definición, busca de información e materiais, elaboración, síntese, conclusión e avaliación.

CONCLUSIÓNS:

Traballar por proxectos supón un xeito diferente de estructuralas actividades de ensino-aprendizaxe ó redor dun problema que se presenta, achegando ó alumnado o gran abano de informacións que se atopa no contorno (información que dará unha solución aceptable) de xeito que o nen@ se convirtan en protagonistas e responsables da súa propia aprendizaxe, proporcionándose fórmulas de relacionala propia experiencia coa nova información para que se poidan establecer novos enlaces posteriormente.

Traballar por proxectos supón que o alumnado olle ó contorno con curiosidade, supón un descubrimento continuo, un enriquecemento dos seus esquemas mentais, mentres vai avanzando cara ó coñecemento do seu medio, da realidade, do mundo, das persoas, das cousas a partir dos seus propios intereses e baseándose sobre todo na comunicación, na planificación conxunta e nas relacións interpersoais.

Un proxecto é ollar a realidade con novos ollos para facela nosa…
Un proxecto non é facer por facer e porque si, non é improvisación e arbitrariedade…
Un proxecto xorde da vida cotiá, da necesidade, da curiosidade, do medo, da risa…
Un proxecto baséase na concepción de que as criaturas son persoas cheas de ideas…
Un proxecto dura o que o reloxo de intereses, da motivación, da creación…
Un proxecto planifícase entre tod@s e tódolos que nos embarcamos na gamela de aprender.
Nun proxecto o alumnado non ten porque realizala mesma actividade o mesmo tempo, nin no mesmo espacio, depende da nosa imaxinación. O mundo é diverso, as persoas tamén, hai que proporcionar diferentes ambientes educativos…
Nun proxecto profesorado e alumnado traballan man con man, planifican conxuntamente, aguillóanse con ideas, medran…
Un proxecto é fomentalo pracer por coñecer, é potenciala emoción de descubrir.

No hay comentarios: