miércoles, 27 de agosto de 2008

1ª SESIÓN - XOVES 3 ABRIL 2008

Brais: Na biblioteca que teño na miña casa hai un libro no que aparecen as casas nas que ten vivido o home. Podo traelo para que o vexamos.

Antía: Gústame moito facer casas coas pezas de Lego que me agasallaron.
Candela: Se cadra poderiamos facer unha casa entre tod@s.

[A continuación a mestra faralles as preguntas pertinentes os alumn@s para levar a cabo un proxecto, destinado á construcción dunha casa. Son os alumn@s os que en todo momento deciden como se vai a encamiñar o proxecto].

Mestra: ¿Que sabemos… dunha casa? – Ideas previas

Ana: Unha casa ten tellado.
Lois: Ten portas.
Xulieta: Fiestras.
Erik: Paredes.
Lidia: Tamén ten chimenea por onde sae o fume.
David: A miña casa ten moitas habitacións.
Antía: Na miña temos dous baños.
Lois: A habitación que máis me gusta é o salón.
Roberto: Poden estar pintadas de cores.
Xaquín: Ter cadros.
Xosé: Eu vin o debuxo co que construiron a miña casa.

Mestra: ¿Que queremos saber… sobre unha casa?

David: ¿Como se constrúe unha casa? (tema e título do proxecto).
Xosé: ¿Como se fan as paredes da casa?
Lois: e ¿como se pintan as paredes?
Xulieta: Poñerlle luz e auga.
Candela: ¿Que mobles hai en cada unha das habitacións?
Xaquín: E ¿como se constrúen os mobles?
Xosé: ¿Onde e como colocamos fiestras e portas?
Antía: ¿Onde e como se coloca a chimenea?
Lidia: ¿Cales son os traballadores das casas?
Erik: ¿Cales son as distintas casas nas que se viviu?
Lois: ¿Quen constrúe unha casa?
Xulieta: ¿Como se fan os planos dunha casa?
Xaquín: ¿Como se constrúe o tellado dunha casa?

Mestra: Temos que ordenar e clasificar estas cousas que non sabemos.

Lois: Sí, porque temos que saber o que hai que facer primeiro e despois para construir a casa.

[Entre tod@s van categorizando aquelo que queren saber axudados polos consellos da mestra].

No hay comentarios: