Mestra: ¿Onde buscamos a información para facer unha casa?
Brais: Preguntamos á familia.
Pedro: Na biblioteca de aula (previa selección da bibliografía por parte da mestra sobre a casa).
Lidia: Podemos utilizar o recanto do ordenador e buscar en páxinas web de Internet.
Mario: Preguntámoslle as persoas que traballan facendo casas.
David: Na biblioteca da escola (DVD’s, libros, comics…).
Mestra: ¿Qué se faría coa información recollida sobre a casa?
Brais: Pois, poderiamos facer a maqueta dunha casa.
Lois: ¡Fagamos unha casa!
[As características da construcción da maqueta da casa surxirán o longo das seguintes sesións, sempre partindo dos intereses do alumnado].
Mestra: ¿Cómo nos imos a organizar para facer a casa (buscar a información, elexir os elementos que a compoñan…)?
Xulio: Como traballamos sempre.
Pedro: Sí, por grupos de mesa.
Erik: Aínda que para facer algunhas cousas como somos moitos, podemos traballar de dous en dous.
Lidia: Claro, para logo compartir a información entre todos.
Mestra: ¿Con que materiais a poderiamos facer?
Antía: ¿Se collemos caixas de zapatos para facer as habitacións?
Alumn@s: Sí, con moitas.
Lidia: Cada dous poderiamos coller unha das caixas e facer unha habitación, para facer unha casa moi grande.
Lucía: O meu irmá ten un blog en Internet onde fala cos seus amig@s, e manda fotos… ¿Por que non facemos un onde poidamos recoller todo aquelo que imos facendo?
Mestra: Pode ser unha idea interesante. ¿Estades de acordo?
Alumn@s: Sí.
Mestra: Imos a acceder a Internet a unha das páxinas onde podamos facer un blog. [Así o fai, creando un blog cuio título é: Facemos unha casa].
O nome da dirección do blog é: http://facemosunhacasa.blogspot.com/
[Todos os alumn@s escribirán na súa axenda personal o nome do blog].
Mestra: Na cabeceira do blog hai que poñer unha imaxe que teña que ver co tema do proxecto. Para o próximo día preguntamos a familia que imaxes podemos poñer no noso blog, a ver que sae.
Mestra: Xa que a casa a imos a facer con caixas de zapatos teredes que traer a aula distintas caixas que atopedes.
miércoles, 27 de agosto de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Hola...
Son a irmá de David, e este proxecto paréceme moi interesante. Comentoume o meu irmá que estabades a buscar unha foto para poñer no blog que tivese que ver coa construcción dunha casa. Gústame moito a fotografía e pensei na foto de Balakov inspirada en Charles Ebbets na que aparecen representados uns traballadores subidos a unha grúa de construcción no seu rato libre.
Podedes atopar as fotos en:
http://lmdr.files.wordpress.com/2008/04/charles_ebbets.jpg
http://www.flickr.com/photos/balakov/1614997917/in/set-72157602602191858/
Publicar un comentario